Abel Barandela |
A mostra de pinturas con tinto de Barrantes de Barandela estará na vila ata o día 25.O pintor Abel Barandela volve a expoñer algunhas das súas "embriagadoras" pinturas en Cambados, concretamente na cafetaría Reymar. A peculiaridade das súas creacións é que en lugar de empregar acrílicos se apuntou aos materiais que achegan as terras do Salnés. Nada menos que aos seus viños.
O artista denomina "enopintura mixta" ao eixe central da súa colección pois a maioría emulan costumes da Galicia rural, creados co famoso tinto de Barrantes e bases de cores acrílico.
Para outras, unha minoría, segue un estilo que pendula entre o figurativo e o surrealista, nas que dominan as cores acrílicas moi vivas e complementarias, con viño Rioja de Uva de Graciano. A obra, explica o saliniense, está recén portada do "Workshop" e exposición realizada en Porto que tivo lugar a primeira semana deste mes. A exposición de Barandela permanecerá no establecemento cambadésata o día 25.
Outras experiencias > Sus creacións tiveron moita repercusión no mundo da cultura e dos medios de comunicación, chegando a súa experiencia a oídos dos axentes do sector vitivinícola doutras comunidades autónomas do territorio.
De feito, segundo o propio Barandela, a adega da DOMINGO da Rioja"Ontañon" ten pedido que experimentase co seu viño e "o resultado é interesante e case idéntico ao do tinto de Barrantes, salvo pequenos matices na tonalidade", explicou o artista saliniense.

Para unha mellor navegación por este blog usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.
Ningún comentario:
Publicar un comentario