27 de dec. de 2011

GALICIA XOGA UN ENCONTRO DE FUTBOL SOLIDARIO COA REPUBLICA SAHARAHUI

Partido de futbol celebrado en Teo (Galicia) dentro das actividades do 15 Aniversario do Colectivo Siareir@s. Manifesto de Solidariedade Galega co Pobo Saharuai con motivo deste encontro leuse ao comezo do mesmo: "Amigas e amigos: Hoxe é unha noite moi especial, é un momento case máxico. Neste dia de decembro do 2011, os ventos do Sahara
e as augas do mar de Galicia, ese Atlantico que baña as dúas costas; a prata fria das néboas e o ouro quemador dos soles máis explendidos danse da man e xúntanse aquí en Teo, nesta festa de irmandade e amizade solidaria, neste festexo que xunta a Galicia coa República Arabe Saharauí Democratica. Unha vez máis o deporte serve de camiño para un encontro entre dous pobos amigos que queren afirmar o seu dereito a sentirse orgulloso do seu e libres para asumir as súas responsabilidades na construción dun futuro xusto e venturoso. 
Uns e outros, galegos e saharuis, saharauís e galegos somos dous pobos pequenos en numero pero grandes en espiritu, sacrificados, que sabemos sobrevivir en condicións difíciles e que facemos, de calquera recuncho do mundo ao que chegamos, un lugar no que seguir sendo nós mesmos ,  e que amamos á nosa terra, e ás árbores e ata as pedras dos camiños. Aquí atopámonos para xuntar ansias, suores e esforzos, nun encontro que cruce os mares e xunte vontades como testemuña viva da estreita relación que existe entre os pobos de Galicia e o Sahara Occidental. Un contacto que se renova e reafirma cada ano coa chegada dos nenos e nenas que nos visitan desde os campamentos de refuxiados, na hamada alxerina, e constrúese dia a dia na axuda solidaria e na realacion de confianza e afecto con que acollemos e somos acollidos nas nosas visitas alla. A este pobo, dono dunha terra arrebatada pola traizón e o engano, a última gran colonia aínda á espera da súa liberdade para a comunidade internacional, gustaríanos que lle chegase o noso alento e noso animo nesta hora. Un pobo tenaz e resolto a favor dos seus lexítimos dereitos, da igualdade e do respecto e a consideración cara a quen sabemos semellantes e diferentes para toda a humanidade. Ás súas mulleres e os seus homes, aos seus picaraos e aos seus maiores rendémoslles desde aquí unha homenaxe de recoñecemento e un recordo permanente que se grave nas estrelas para que onde queira que esten cada un deles e elas poidan lelo no ceo. A todos e todas, aos seus defensores e activistas, aos seus presos e detidos, aos seus desaparecidos e mortos queremos invocar hoxe aquí, na esperea das súas esperanza, do seu descanso e repouso nunha patria liberada. Unha terra sen muros nin portas onde poder acoller, nun futuro que esperamos ben próximo, a quen sentan a necesidade de gritar, de inquietarse, de traballar duro pola súa propia identidade. Nunha noite como esta, nun momento no que queremos facer parte deste recordo emocionado a Ainhoa Fernandez, Enric Gonyalons e Rosella Urdu, os nosos ben queridos compañeiro e compañeiras retidos pola acción bárbara e brutal das forzas da intolerancia, da maldade e do medo. Queremos a súa liberdade e telos de novo ao noso lado. Desde Solidariedade Galega co Pobo Saharui, o colectivo que desde a nosa terra canaliza os esforzo en axuda deste poboo irmán, queremos agradecer a axuda prestada polos “Siareiros Galegos” e por todos quen teñen apoiado este día de festa solidaria, a presenza de todos vós e a entrega e apoio dos deportistas que nos acompañan e loitasen gozosamente por un triunfo que é xa a esta hora, para o goce de todos e de todas. Grazas pola vosa presenza e apoio. Que a sorte acompáñevos sempre e devólvavos e recompense ao cento por un do entusiasmo que entregais. Un desexo que queremos ver cumprido en cado, é como diría calquera saharauí na súa lingua hassania: inshallah. VIVA O POBO GALEGO!!! VIVA O POBO SAHARAUÍ!!!.
O partido tivo unha testemuña de expcepción o famoso cicilista galego Ezequiel Mosquera, quen é natural de Cacheiras-Teo, parroquia onde tivo lugar o encontró, foi o que fixo o saque de honraA selección galega de fútbol, formada tanto por homes -xogadores de Segunda B, Terceira e Preferente- como mulleres, se impuxo (2-1) na noite do pasado venres ao combinado da República Árabe Saharahui Democrática (RASD), nunha nova reunión da Irmandiña en Cacheiras (Teo). A plataforma Siareir@s Galeg@s foi a encargada, un ano máis, de organizar esta cita co ánimo de reivindicar a presenza das seleccións galegas. Esta asociación, que cumpre quince anos, contou nesta ocasión coa colaboración de Solidariedade Galega co Pobo Saharahui.


Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.


Ningún comentario: