TORNEO CUADRANGULAR CAMBADÉS DE FUTBOL 7 DA ADMINISTRACIÓN LOCAL
O vindeiro xoves 29 de febreiro a partires das 17 horas da tarde terá lugar no Campo Municipal do Pombal, un torneo cuadrangular de futbol 7 que vai enfrontar a flor e nata da administración cambadesa. Os equipos que disputarán este
torneo son a Policia Local, Protección Civil, Concello de Cambados e Xulgados de Cambados.
 |
| Selección dos xulgados. |
O favorito para gañar o torneo sen ninguna clase de dúbida é a Policia Local, os cales ademais de estar en forma por razón da profesión tamén xogan unha liga anual de futbol sala, ainda que tamén o concello de Cambados ten unha formación moi potente con varios ex xogadores do Cambados nas súas filas como Paco Trigo Jacobo Noya ou Dani Perrinchos. En canto a selección dos Xulgados a misma estará formada por Pablo Leiba (avogado), Guillán (Procurador), Eladio (funcionario), Fermin (Avogado), Jorge (Xuiz), Chon (funcionario), Ruben (funcionario), Gabriel (procurador), Palacios (Procurador), Rivas (avogado), Miro (funcionario), López (guardia civil de seguridade) e Juan (funcionario), e coa axuda exterior tamén de Chon Jr e Dominguez que tamén fará as labores de Mister. O torneo é por eliminatorias e os perdedores xogarán o terceiro e cuarto posto e os gañadores a final. O torneo está organizado por Protección Civil de Cambados.
Para unha mellor navegación por este blog usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.
Ningún comentario:
Publicar un comentario