19 de dec. de 2011

LOUZÁN PRACTICAMENTE DESCARTA O REFUXIO COMO XESTOR DA CANCEIRA COMARCAL

Foto recollida de 

Salvo troco de última hora o presidente da Deputación o omnipotente Louzán acaba de cravar unha puñalada nas costas o Refuxio de Animais de Cambados, o declarar que case con toda seguridade, así o recollen algún medios de prensa hoxe,  que a xestión da Cenceira Comarcal  vai ser contratata a unha empresa privada probablemente propiedade dalgún coñecido do presidente da Deputación. E ainda que dixo que a concesión ainda non está concedida e segundo o rei Midas provincial  este servicio é moi importante para o Salnés e para o toda a provincia, puntualizando sobre
todo o aspecto provincial . Louzán non considera que o Refuxio de Cambados sexa capaz de xestionar a Canceira a nivel provincial. Eu personalmente pensó que esta concesión está dada pero estana alongando no tempo para ir mitigando pouco a pouco as quixas que poidan xurdir do Refuxió. 
Olga Costa
Louzán non admite ninguna amenaza por moi leve que sexa de ningún colectivo no seu particular reino de Taifas,  a provincia de Pontevedra. Lembremos que as redes sociais afins ó Refuxio amenazaron con manifestacións e recollida de sinaturas ate que entrou en escena Olga Costa  quen foi partidaria do dialogo, dialogo do que Louzán pasa completamente e farase o que  a súa vontade decida, e repito e coido que xa está todo decidido e salvo miragre de derradeira hora o Refuxio vai quedar sen xestión.

Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador 
GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.

Ningún comentario: