16 de dec. de 2011

OS PROFES NON PARAN DE REIVINDICAR UNHA EDUCACIÓN SEN RECORTES

Os sindicatos de Educación convocaron onte novas protestas para seguir denunciando os recortes aplicados pola Consellería de Educación nos distintos centros escolares, o meu apoio como persoa, como concelleiro e como sindicalista, este mesmo apoio é o que quixera escoitar eu algunha vez do noso Alcalde. No colexio cambadés da Pastora, os profesores sumáronse a esta protesta, concentrándose durante uns
minutos ao terminar as clases. As manifestacións repetíronse noutros centros da comarca arousá, onde os mestres tampouco están de acordo coas medidas da Xunta. Precisamente neste Colexio están a facer marabillas cos orzamentos dende fai anos, se non fora precisamente pola vontade da sua directora Marina e do seu equipo onde vai que este colexio estario o “garete”. Profesionais coma elas son dignas de admirar.  Esta xente é precisamente a quen anda a denigrar o Presidente da Xunta, o Conseleiro de Eduación e moiutas veces o noso propio Alcalde.
         

Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.

Ningún comentario: