A CIG-ENSINO RECLAMA AO PARLAMENTO O "CESAMENTO INMEDIATO" DO VALEDOR DO POBO POLO SEU "ODIO DECLARADO" AO GALEGO
A queixa foi presentada polo coordinador de UPyD en Vigo ao Valedor do Pobo, que considerou que a frase “a lingua propia da Galiza é o galego” é “incompleta e inexacta, e por tanto falsa”, por non citar o papel de lingua oficial que ten o español.
Pedro Larralde é o candidato de UPyD por Vigo axudando nos seus estudos o seu fillo de 5º de primaria, encontrou que na materia de 'Coñecemento do Medio', na epígrafe dedicada à Comunidade
Autónoma da Galiza, o texto recollía a citación do Estatuto de Autonomía en que se alude ao galego como a "lingua propia da Galiza". Decidiu entón reclamar á Consellería de Educación a ausencia de alusións ao español no libro. Segundo ele, ese libro debería deixar de ser utilizado nos colexios galegos "sendo substituído por libros de outras editoras onde a información sobre os idiomas oficiais da Galiza si está ben exposta".
Autónoma da Galiza, o texto recollía a citación do Estatuto de Autonomía en que se alude ao galego como a "lingua propia da Galiza". Decidiu entón reclamar á Consellería de Educación a ausencia de alusións ao español no libro. Segundo ele, ese libro debería deixar de ser utilizado nos colexios galegos "sendo substituído por libros de outras editoras onde a información sobre os idiomas oficiais da Galiza si está ben exposta".
O denunciante: Pedro Larralde |
Non é o habitual nos libros de texto sexa ignorar a realidade cultural e lingüística da Galiza, pois na súa maioría as editoras traducen a versión orixinal en español apenas acrecentando capítulos referentes as pequenas especificidades do currículum galego, o lobby españolista continua a trasladar a idea forza de que nos colexios e liceos da Galiza se ofrece unha educación nacional galega. Co altofalante dos medios de comunicación do sistema, como neste caso o Atlántico Diario, ABC, ou El Faro de Vigo, aproveitan para pedir a retirada das poucas iniciativas que traballan por converter o ensino público nun ensino galego e de calidade. Neste caso, o candidato de UpyD insta a que se adopten as medidas oportunas para que non se utilice o manual escolar por encanto o seu contido non sexa corrixido para transmitir aos alumnos un coñecemento adecuado da regulación constitucional e estatutaria das linguas cooficiais.
En efecto, nun Estado que define as galegas e galegos como españois empadroados na Comunidade Autónoma da Galiza, parece "natural" que o ensino promova unha visión da lingua do noso país como subsidiaria do "idioma nacional", o español. O galego só pode ser citado se tamén o é o español. Mais un exemplo do acertado da reflexión que facia recentemente Mario Herrero, autor do libro Guerra de Grafías, "Como un galeguista pode pensar que o ensino nacional español pode 'normalizar' o galego?".
Tamén facemos un chamado a lle enviar por correo electrónico á Presidenta do Parlamento unha carta que podedes atopar en https://sites.google.com/a/queremosgalego.org/queremos-galego/
A CIG-Ensino comunicou que solicitará aos grupos parlamentarios o "cesamento inmediato" do valedor do Pobo, Benigno López, despois de que este inste ao Goberno galego á retirada dos centros de educación dun libro de texto tras unha recibir unha queixa do coordinador de UPyD en Vigo, Pedro Larrauri.
O motivo que o valedor alega para retirar o exemplar é que nel se cita o artigo do Estatuto de Autonomía que recoñece que "a lingua propia de Galicia é o galego", pero sen explicar que o castelán tamén é oficial.
Nun comunicado de prensa, a CIG-Ensino cualifica de "absolutamente inadmisible" este feito que, ao seu parecer, supón "un ataque" á lingua galega cando esta debese ser "obxecto de promoción e protección" por parte do actual valedor.
O sindicato considera así "reprobable" que Benigno López empregue a súa posición pública para "agredir" os dereitos lingüísticos dos que reclaman o dereito a vivir en galego. Neste sentido, a central nacionalista recordou que en 2007 xa manifestara que Benigno López "non reunía" as condicións "necesarias" para ostentar o cargo.
O presidente da Mesa pola Normalización |
Os nacionalistas critican que López atenda as reclamacións de "quen perseguiu ao galego" durante estes anos mentres, aseguran, non tivo a mesma actitude coas entidades que solicitaron "o amparo" ao verse "negados" a ser atendidos ou a expresarse en galego ante as institucións.
RECOMENDACIÓN "ALEGAL"
Así mesmo, a CIG-Ensino espera que a Consellería de Educación siga sen ter en conta unha recomendación "alegal" e "claramente atentatoria" contra o idioma galego.
Coa solicitude de destitución de Benigno López, a CIG súmase ás demandas da Mesa pola Normalización Lingüística e Prolingua. Neste sentido a central nacionalista comunicou que tamén secundará a concentración convocada pola plataforma Queremos Galego para o xoves 15 ás 11.30 fronte ao Parlamento de Galicia.
Para unha mellor navegación por este blog usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.
Ningún comentario:
Publicar un comentario