Esa foi a cantidade que gastou o Concello de Cambados somentes en parte da música e fogo. En duas celebracións pirotécnicas temos que por un lado o festival de fogos programado co gallo da LIX Festa do Viño Albariño que tivo lugar o 7 de agosto pasado que custou 12.500 € así como diversa foguetería para tódolos días previstos no programa oficial. Por outro lado os
fogos do Brindis das Estrelas da Festa Europea do Viño que tivo lugar o pasado 13 de Agosto valeu o Concello 4.140 €.
fogos do Brindis das Estrelas da Festa Europea do Viño que tivo lugar o pasado 13 de Agosto valeu o Concello 4.140 €.
Aparte destes gastos foi necesaria realizar unha póliza de responsabilidade civil para cada ún dos eventos cunha cobertura de 1.205.000 €.. Esto foi aprobada na acta da Xunta de Goberno de 4 de xullo de 2011.
Preto do que foron as actuacións musicais en duas actuacións, concretamente na de “Muchachito Bombo Infierno” e “Dover” gastaronse 47.610 €, que se dividen do seguinte xeito 27.140 € foi o que custou “Muchachito Bombo Infierno” e 19.470 € foi o que custou “Dover” que actuaron sucesivamente en Cambados o 5 e 6 de Agosto do presente ano co gallo da Festa do Albariño. A empresa que controu estas actuacións foi Producciones Independientes Culturales con enderezo social en Vilagarcia de Arousa.
A todo isto temos que engadir 21.400 € que foi u custo das orquestas no Albariño por certo contratadas a un exconcelleiro do PP en Vilanova de Arousa “Espectáculos D´Tacón-Francisco Charlín Perez" e 17.370 adicados para a producción dos concertos a Producciones Artisticas Lito S.L. , o da Orquesta Panaroma quen ten un contrato anual coa Deputación de Pontevedra, todo queda na casa..
En publicidade da Festa do Albariño gastaronse nada mais en nada menos que a incrible cifra de 16.951 € segundo o cado que se sinala a continaución e aprobado na acta de 26 de xullo de 2011:
So nestes capitulos que acabamos de dicir gastou o concello mais de 129.000 € que veñen a ser 21 millóns das antiguas pesetas. Non quero dicir nin que sexa moito nin que sexa pouco, hai partidas nas que se pode aforrar, pero o que é importante é que o pobo de Cambados saiba como o PP gasta os cartos de todos os cambadeses.
Para unha mellor navegación por este blog usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.
1 comentario:
Grazas pola información Chon, tod@s @s veciñ@s de Cambados deberíamos ter esta información e moitas outras, por exemplo a contas detalladas de todos os ingresos e gastos do Concello e de quen se recibe e a quen se lle dá. E estou tamén dacordo con Óscar de que isto debería aparecer na páxina web do Concello. Pero todo chegará, serviría de algo recoller firmas para esixilo?.
Publicar un comentario