11 de dec. de 2011

GRUPO LUMIERE DO INSTITUTO ASOREY DE CAMBADOS GAÑADOR DO CERTAME INTERNACIONAL LICEO

O XXXIX Certame internacional audiovisual do Liceo Casino de Vilagarcía dou o primeiro premio, na modalidade de documental, ao taller de video do IES Asorey,Taller Lumiére, dirixido por Jesús Barco, Fernando Tomé e Santiago Rey, polo video ASOREY, que se realizou este ano con motivo do aniversario do artista. O galardón, está dotado con 600 euros
máis un trofeo, o video foi  realizada polo Grupo Lumiere del Instituto Asorey de Cambados, que resultou elixido entre os catro documentais finalistas. 
Durante a entrega dos premios proxectábase no salón de actos do Auditorio un "tráiler" ou extracto da curtametraxe gañadora.
A entrega de premios foi o venres 9 de decembro no Auditorio de Vilagarcía. Este video de 27 minutos estívose proxectando nas exposicións en honra de Asorey que se fixeron este verán-outono en Cambados e Santiago.
A gala, presentada pola locutora Montse García, comezou pasadas as oito e media da tarde cun vídeo de introdución da traxectoria do Certame Audiovisual vilagarciano.
A actuación do artista catoirense Roi Casal coa súa arpa celta foi intercalándose entre as diversas fases da entrega de premios.


          


Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.

Ningún comentario: