Hoxe todo unha personaxe da historia con maiusculas de Cambados cumpre 60 anos. Un once de Decembro de 1951 viña este mundo e concretamente a Cambados Xoan Silva Núñez, fillo de Benito (afamado músico) e de Julia, xa de neno comenzou a súa afección pola música e mais concretamente pola guitarrra afección que lle inculcou o seu pai tanto a él como o seu irman Lino Silva , comenzou de moi novo a cantar, como case que todos xóvenes de Cambados tamén foi membro da Juventud Católica, daquela non habia outra cousa, donde destacaba como cantante tanto en grupo como en solitario, ou as veces facendo incluso duos co seu irman Lino. Empezou a musicar poemas a finais dos sesenta, acadando
o terceiro premio no Festival de O Grove e cuarto en Marin e despois de estar en varios grupos formou parte do movemento nacionalista Voces Ceives nacido no 68, e de ahi comenzou se a súa carreira en solitario como cantautor e home sempre comprometido coa terra. Viaxou a América no 72 co seu pai, Diosiño e Xan das Canicas cantando en Brasil, Uruguai e Arxentina.
o terceiro premio no Festival de O Grove e cuarto en Marin e despois de estar en varios grupos formou parte do movemento nacionalista Voces Ceives nacido no 68, e de ahi comenzou se a súa carreira en solitario como cantautor e home sempre comprometido coa terra. Viaxou a América no 72 co seu pai, Diosiño e Xan das Canicas cantando en Brasil, Uruguai e Arxentina.
Co periodista e amigo Joaquin Aguiño. |
Laboralmente despois de pasar esporádicamente polo xulgado e por Construcciones Fico e outras empresas recalou definitivamente no Banco Pastor onde está ainda a traballar na actualidade. Co paso do tempo Xoan formou duo musical con Blas Dominguez, con quen se entende a perfección e ainda agora participando en festivais solidarios ou pubs cando son requeridos e si a eles lle engadimos como xa teñen feito en algún que outro festival o oboe do mestre Xaquin Xesteira o trio é perfecto. Tamén forma parte do grupo músical Manso e Amigos. Xoan tamén foi parte activa da extinta comparsa Unha Grande Chea onde participou varios anos, previamente formara parte co seu pai e con Monchiño Vieites da comparsa Salnes 87.
A súa familia, Pilar, a súa dona e os seus fillos Manuel e Pilaruca. |
A rúa Isabel II non seria o mesmo sen contar coa historia primeiro do Bar Silva que estaba ubicado onde agora ten o estudo o seu irman o afamado pintor Lino Silva, e despois duns anos de vacio Xoan abreu mesmo a veira dese estudo o Bar Silva actual , sitio referencial para calqueira bo bebedor de Viño Albariño e centro de peregrinación de moitos músicos e calqueira dia e en calqueira momento Xoan pode coller a guitarra e momenzar a cantar no seu propio bar formándose grandes “guitarradas”. Xoan casou cunha rapaza de San Miguel, Pilar, quen lle deu dos fillos Manu e Pilaruca. Xoan, destacou sobre todo por porlle música a poemas de Ramón Cabanillas e Celso Emilio Ferreiro, así nun dos poucos discos que ten editado titulado Inverno (1996) podemolo observar coas pezas “A fouce Esquencida”, “Acción Galega”, “labregos” e “Inverno”. Este é a grandes rasgos un resumo da vida deste prolífico home, que sen dúbida pasará a historia de Cambados.
Pedes ver a o video de A Fouce esquecida premendo AQUI.
Podes ver tamén o curto a Fouce esquecida do cambadés Benjamin Rey e musicado por Xoan Silva premendo AQUI.
Tamén podes ver unha serie de fotografias da vida de Xoan silva na columna da dereita.
Para unha mellor navegación por este blog usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.
Ningún comentario:
Publicar un comentario