9 de dec. de 2011

LUZ E TAQUÍGRAFOS NO ASUNTO DA “VOLTA A ESPAÑA”

O outro día nunha pomposa rolda da prensa o Rei Midas da politica en Pontevedra, o ínclito Louzán , acompañado dos seus lacallos Fole e Aragunde anuncionos a bombo e platillo que iamos trer tres etapas no Salnés, das que xa informamos, por certo antes que a prensa convencional, neste blog. A preguntas de algún periodista o Sr. Louzán de canto ia costar esto as arcas provinciais, fixo “mutis polo forro” e dixo que ainda non estaba
concretado, “mentira cochina” como dicia unha amiga miña, el sabe perfectamente canto é o que pasa é que a cantidade e tan astronómica que pode causar alarma na sociedade. Os cidadáns temos dereito a saber o que se fai cos nosos cartos, xa estamos cansos do oscurantismo do PP tanto na deputación coma nos concello, e hora de aplicar aquilo de “luz e taquígrafos” neste caso.

 É urxente e perentorio que Louzán nos diga a millonada que supón a Volta a España no Salnés. Que e recuperabel?, iso hai que velo e depende de moitas circunstancias entre las as atmosfericas que non nos dis a nos , como por certo pasou este ano, se ven unha semana de mal tempo e chafa a volta. 

Espero que economicamente teña razón o que di Gustavo Veloso nas súas declaracións os medios de prensa  que sixo” O primeiro que supón é unha publicidade para os concellos polos que pasa que sI se tivese que pagar en minutos de televisión sairía moitísimo máis cara. Por poñer un exemplo, na última Volta a España do Xacobeo Galicia, o patrocinador do equipo conseguíu un impacto publicitario que multiplicou por dez o seu investimento. Investira 2 millóns de euros, e rendabilizou uns 20 en publicidade. E iso trasladar a todo ou que apareza na Volta. Sanxenxo, por poñer outro exemplo, vai aparecer en todo ou mundo. O investimento en traer as tres etapas dá Volta a España, persoalmente, creo que se pode dar por amortizado. Hai outros eventos nos que se gasta moito máis diñeiro, e teñen moita menos repercusión. Non caso dá Volta, non é tirar vos cartos nun caldeiro e esquecerse deles. Os hoteis e os restaurantes énchense, as gasolineiras e os comercios reciben máis clientes... Hai moita xente que segue a carreiraDe todos os xeitos porque non se di claramente o que vai custar o evento, que problema hai en dicilo.
          

Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.

Ningún comentario: