9 de dec. de 2011

O PP ANIQUILADOR DA MÚSICA TRADICIONAL.

Este fin de semana ten lugar na Praza da Peixería de Vilagarcía un dos Seráns con mais renome na comarca do Salnés e atreveríame as dicir que na provincia de Pontevedra., é o Serán de Sobradelo que como xa informamos aquí desprazase de Sobradelo a Praza da Peixeira. Pero cal é a causa deste traslado?. Pois non é outra que o PP para a música tradicional non ten cartos, sen mais quere "asasinala" afogándoa economicamente. Esto sen mais é
o que acaba de pasar en Vilagarcía, ate o de agora viña celebrándose se ningún problema o Serán en Sobradelo namentres o Bloque estaba en Cultura no concello vilagarciá, unha vez Fole, castelán-parlante él,  ascendeu os ceos do poder e o primeiro que fixo foi dicirlle a Asociación Cultural Nós que non contaran coa carpa, que non había un peso, pero si hai cartos  para a Volta a ciclista a España “eso va a dejar muchos millones en Vilagarcia”. Xa veremos Sr. Fole. Menos mal que hai xente como a Asociación cultural Nós que desafían a crise e  non faltará neste Serán o tapeo gratis para quentar o corpo. Pan preñado, callos e chocolate con rosca será a oferta que a asociación Nós prepare para os seus invitados. Pero isto xa pasou en Cambados o ano pasado no verán. Treixadura ofreceuse para tocar case que gratis na Festa do Albariño e Aragunde aínda así dixo que era moi caro despois trouxo formacións decrépitas gastando miles de euros que non convenceron a ninguén. E mesmo estes dias vemos como se contraprograma en Cambados á música tradicianal segundo informabamos onte.
         

Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.

Ningún comentario: