28 de dec. de 2011

NACE UN NOVO BLOG EN CAMBADOS “DOS VUELTAS DE TUERCA”

Valentin Estevez  embárcase  nun novo proxecto con este blog, xa que como todos saberedes ten  outro blog titulado “Letras de Contrabando”, cuxa temática é moi distinta á deste novo proxecto. 
En “Dos Vueltas de Tuerca” tratará de expor noticias que crea de interese, artigos de opinión, curiosidades, críticas, eventos,
etc. como ata agora veñen facendo outras páxinas como son “CambadosWeb”, “Cambados(tk)” e “A ti meu Cambados” todas elas fundamentais para calquera cambadés, segundo manifesta Valentín. 
As actualizacións deste blog serán a diario, aínda que nalgúns períodos de tempo seralle case imposible polo que o actualizará na maior brevidade posible. 
Espera que vos agrade “Dos Vueltas de Tuerca”

E moi rica a oferta de blogs en Cambados, eu xa llo dixen un dia a Isma de Cambados Web, non estaria mal ir pensando nunha Asociación de Blogueiros de Cambados para tratar de defendernos e arrouparnos entre todos, e ademais organizarnos un pouquiño, non sei que vos parece a idea.

          

Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.



Ningún comentario: