28 de dec. de 2011

O PP SEGUE A FACTURAR PARA OS SEUS DENDE O CONCELLO DE CAMBADOS

Pese as reiteradas denuncias feitas neste blog de que o Partigo Popular de Cambados por medio do seu goberno no Concello segue a facer efectivas facturas de familiares  de concelleiros ou amigos destes,  Luis Aragunde o os seus (na foto co Tenente de Alcalde Toñito Iglesias)   “non se cortan un pelo” e seguen pagando facturas a familiares directos con
negocios.
Isabel Varela
Tal  é o caso de Talleres Jomape de Cambados propiedade do marido da concelleira Isabel Varela Piñeiro que na acta da Xunta de Goberno de 29/08/11 e no punto relativo a facturas, abonarenselle as seguintes cantidades: 566,36, as que hai que sumarlle as facturas aprobadas na acta de 24 de outubro tamén deste ano no que se aprobaron facturas favor de Talleres Jomape pola cantidade de 2404.48, o que fai un total para as arcas do mencionado taller de 2970.84 € nun perido de tres meses, e preguntome eu non hai máis talleres mecanicos en Cambados.Eso si  as facturas aprobaronse coa abstención da muller do susodicho e concelleira citada anteriormente.
A Hierros Santa Cruz, propiedade do deputado do PP por Pontevedra , Telmo Martin por diverso material: 724.44  €, cantidas que hai que sumarlle as aprobadas na xunta de gobe no de 19/09/11 , 10/10/11 e 24/10/11 por importe  de 1928.67, o que fan un total de 2653.11 €.
Telmo Martin
A Francisco Charlin Perez, exconcelleiro do PP en Violanova como representante de orquestras: 21.240 €
E na Acta de 5 setembro 2011 a Gaesco, empresa como todos sabedes relacionada  Tenente de Alcalde Toñito Iglesias : 1509.84 €. Isto nin esta ben nin é ético, pero morro botanlle bastante. Non vos parece?. Nos seguiremos denuncianto estes atracóns que se pegan os populares a conta de todos os cambadeses.

         

Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.


Ningún comentario: