31 de dec. de 2011

“NAI E SEÑORA”, SEGUIMOTE TENDO O NOSO CARÓN CHONITA

Chonita con Mariña nos seus
brazos.

Hoxe ia escribir moitas cousas no meu blog, tantas que faria falla toda a tarde, pero teño tempo mañán despois de levantarme seguro que con resaca o día de fin de ano, pero despois de vir de viños achegouse a milla filla Mariña de 16 anos,  e dixomo que lera este misiva adicada a súa aboa (miña nai) que nos deixou fai hoxe precisamente seta anos. Ela doume a vida, doume o meu nome, doume todo, e hoxe o meu blog só vai adicado a ela “Nai e Señora”, para ti Chonita donde
esteas de parte da tua neta Mariña:
“”Un saúdo
Estou sentada ó seu carón, ela estame ensinando a coser, unha das moitas cousas que sabía facer tan ben, a min non me sae e póñome istérica, ela acércase, bícame e ó mesmo tempo dime que non me preocupe, que algún día sabreino facer ben. Ista é unha imaxe que para outra moitas personas non significa nada, pensarán que é un recordo máis que é un bico de moitos outros. Pero eu estou segura de que non é así, para min non é así, a persoa que mo está a dar é aquela ca que vivín a maior parte dos momentos da miña vida, polo menos os máis importantes, é ela; esa muller que non deixaría que nunca me pasara nada malo, esa muller que sempre me abrazaou cando tiña frío, que me levantou e limpioume unha ferida cando antes caíra, que contoume as mellores historias do mundo, da súa época...
Encantaríame vela nestes intres, e un desexo que teño dende que se foi, daría o que fose por vela uns segundiños, que vise todo o que crecín, o maior que me fixen mentres ela non estuvo e que me sonría. Pero inda que isto sexa imposible nunca me darei por vencida, aínda que no esté agora, sei que algún día encontraremonos. E como xa dixen o único que desexo e vela, e estou segura de que chegará o momento no que a poderei abrazar, bicar... e partires de ahí vela todos os días como facía anos atrás.
Xa pasaron sete anos e non oubo ningún día do ano que non a recordase e non houbo ningún 31 de decembro que non derramase ningunha bágoa ó pensar en ela, si é que cando máis se quere a unha persoa, maior e o sufrimento.
Sí, todo isto é a razón pola que hoxe me encontro así, desta maneira que nadie entende e que levo por dentro. Pensar que non volverei a ver a aboa que tanto quixen, dóeme, porque ela non era una persoa calquera, era e sigue sendo a miña aboa, porque sei que aínda que non a vexa sigue ó meu carón, conmigo. E enorgullezcome cada vez que digo esas palabras, ela era a miña aboa.""
Mariña Charlín Piñeiro. (Chonita pequena).””


























COMENTARIO DA SUA NETA SAGRI:
Estou totalmente de acordo contigo miña prima, somos moitos os que a botamos de menos. Nestes sete anos tívena moi lonxe pero sentina moi cerca. Tal día como hoxe deixoume o mellor regalo, o seu último sorriso, un dos mellores momentos da miña vida, tantos como ela me fixo vivir ao seu carón.
Foi a miña nai, a miña amiga e a miña gran, gran avoa. Quéroa tanto e débolle tanto, que todo o que son e serei débollo a ela.Este homenaxe a ti, a ela, a miña tocaia, a miña alma xemela.

Quérote tanto..Canto te boto de menos!

Ala onde estés, quérote.

Sagri.
          

Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.

1 comentario:

Eduap dixo...

Estou totalmente de acordo contigo miña prima, somos moitos os que a botamos de menos. Nestes sete anos tívena moi lonxe pero sentina moi cerca. Tal día como hoxe deixoume o mellor regalo, o seu último sorriso, un dos mellores momentos da miña vida, tantos como ela me fixo vivir ao seu carón.
Foi a miña nai, a miña amiga e a miña gran, gran avoa. Quéroa tanto e débolle tanto, que todo o que son e serei débollo a ela.Este homenaxe a ti, a ela, a miña tocaia, a miña alma xemela.

Quérote tanto..Canto te boto de menos!

Ala onde estés, quérote.

Sagri.