1 de xan. de 2012

RECORD HISTÓRICO DE “A TI MEU CAMBADOS” GRAZAS A TODOS VOS

Antes de nada quero desexarlle a todo o mundo que teñan un bo ano , incluidos os meus adversarios políticos, e despois quero agradecervos a todos vos a vosa fidelidade para con este blog. Xa volo dixen unha vez, nunca pensei que tendo un blog personal ia a suparar o anterior blog de Unha Grande Chea, pero mes a mes van caindo records históricos moi dificiles de superar. Asi é que no mes pasado de decembro cheguei a cifra histórica de 16.422 visitas, nada máis nin nada
menos e superando en dos días consecutivos as mil visitas diarias  o 25 de Decembro con 1010 visitas e o 26 de Decembro con 1144 vistas. Eu coido que nunca volverei a ter tantas visitas nun mes. Moita xente preguntame a que se debe ese ascenso , eu penso que  co nome de Unha Grande Chea, habia cousas que non podia dicir porque representaba unha asociación, pero con este novo formato, e sendo eu o unico responsabel , falando mais aberto de politica, contando cousas de dentro do concello que ate o de agora non se contaba, coido que a xente entre con mais frecuencia e asiduidade na páxina. Pero todo esto non seria posibel sen a vosa axuda prestada cada vez que facedes “click” en “A TI MEU CAMBADOS”. Grazas a tod@s.



Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.



Ningún comentario: