1 de xan. de 2012

MARIBEL IGLESIAS DI QUE “SE PODERIA TER FEITO MAIS” NO ANO ASOREY

RECLAMA A CREACIÓN DUN “MUSEO ASOREY”
Maribel Iglesias Baldonedo, entre outras cousas está considerada coma a persoa que máis sabe sobre o noso egrexio escultor Francisco Asorey, incluso ten un blog adicado expresamente a figura do noso pasiano, e neste blog precisamente Maribel fai balance do Ano saorey e comenza dicinco que remata o ano Asorey 2011, que conmemorou o 50
aniversario da morte do artista, pero isto non é unha despedida aínda nos queda o 51, 52, 53.... aniversario. Este blog non remata aquí e mentres teña algunhas visitas seguirá activo.
Manibel continua manifestando ”Xa tiven ocasión de facer balance do ano Asorey nun artigo que publicou Cambados TK, alí escribín que "se podería ter feito máis se se fixera mellor", sígoo pensando, anque isto non contradiga o que hoxe sae publicado no Faro de Vigo de que o Concello de Cambados foi o único que se implicou no tema. Boto de menos efectivamente que o Concello de Santiago (tanto a corporación anterior "bipartita" como a actual "popular") se implicasen máis, que eu saiba a súa colaboración quedouse só na asistencia á inauguración da exposición na Fundación Torrente. O mesmo hai que dicir da Universidade de Santiago, á que Asorey estivo vinculado case 50 anos como docente ou á Escola de Artes e Oficios ou ao Museo do Pobo Galego que ten a colección de obras e obxectos que a viúva de Asorey donou ao daquela Museo Municipal.”

Quédalle a esperanza de que si non o fixeron ata o de agora o poidan facer no futuro e remata lembrándolle aos resposables culturais que non existe aínda un "Museo Asorey" e debería habelo, en Cambados ou en Santiago, e a crise non é excusa para non ir dando pasos cara ese obxectivo, todo é cuestión de prioridades.

Espera que esta conmemoración do ano Asorey sirva para algo e non se quede só no que afirma John Berger no seu libro Mirar: " O culto polos aniversarios é un xeito de manter informada, sen dificultade e superficialmente a unha elite cultural que por razóns de mercado, debe de ser constantemente ampliada. É un xeito de consumir historia, algo que non ten nada que ver con comprendela".

Remata cun agasallo aos seguidores do seu blog, unha pequena xoia que me facilitou ese "pequeno gran home" que é Isaac Díaz Pardo. Unha fermosa fotografía que Asorey lle dedica ao seu gran amigo Camilo Díaz Valiño. Isaac cedeulle unha copia e non puxo ningún reparo en que fose publicada no seu libro con esa xenerosidade que nace só da auténtica sabiduría;

   

Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.

Ningún comentario: