1 de xan. de 2012

O BNG DE CAMBADOS LEVA NOVAMENTE O PLENO O DA CANCEIRA COMARCAL

A PROTECTORA ADVIRTE DUNHA POSIBLE DEMANDA XUDICIAL CONTRA DA MANCOMUNIDADE DO SALNÉS
O BNG de Cambados,. ven de presentar unha moción , que publicana seu blog que titula “MOCIÓN PARA QUE A PROTECTORA DE ANIMAIS DE CAMBADOS  XESTIONE A CANCEIRA COMARCAL (OU PROVINCIAL).” Na súa
exposición de motivos di que esta moción foi presentada por vía de urxencia no anterior pleno, sendo rexeitado o seu tratamento polos votos en contra do PP, polo que a presentan  novamente agardando que no vindeiro pleno da Corporación sexa tratata. Remata a moción dicndo que  “ que o concello de Cambados medie diante da Mancomunidade do Salnés e da Deputación Provincial para que á Protectora de Animais de Cambados se lle outorgue a xestión da canceira mancomunada (ou provincial) por ser a única que a solicitou no seu momento e, sobre todo,  por haber demostrado, desde a súa fundación, ser unha entidade  cun funcionamento exemplar”
Neste asunto Aragunde móllase mais ben pouco para non anoxar o seu xefe politico neste caso o “todopoderoso” Louzán, e coma xa dixemos neste blog tivo a “cara” no derradeiro pleno do ano de rexeitar a moción de urxencia do BNG, dicindo que apoiaba a Protectora  pero que non apoiaba a moción do BNG. Aragunde só utiliza a Protectora para sair nas fotos e nada mais, cando realmente ten que dar a cara e defender como  un bo cambadés  diante de Louzán a xestión da Protectora, agochase non vaia a ser que Louzán “lle dea un toque” Podes ver a moción completa premendo AQUI.
Doutra banda facemosvos saber que a Protectora está a recoller firmas dixitalmente para o mesmo en o seu obxectivo é chegar as 10.000 sinaturas  que que non diga Louzán que a Protectora é unha minoria. Todos debemos apoiar esta iniciativa e todos a queremos apoiar menos o PP.  Preme AQUI para asinar dixiitalmente.
Recentemente a Protectora ven de presentar o seguinte escrito na Mancomunidade:
""ESCRITO PRESENTADO Á MANCOMUNIDADE DOMINGO SALNÉS

A directiva do Refuxio de Cambados vén de presentar ante a Mancomunidade de ou Salnés un escrito solicitando a certificación acreditativa de silencio no procedemento previsto pola Mancomunidade para a "xestión do centro de recollida de animais abandonados da bisbarra de ou Salnés" publicado o 27 de outubro de 2010.

No concurso para a concesión do contrato de xestión ofertado, dirixido a protectoras de animais legalmente constituídas, participou unicamente o refuxio de Cambados achegando un amplo e detallado proxecto de xestión que se cumprían escrupulosamente os requisitos
esixidos nas condicións xerais da convocatoria, superando a fase de admisión de proposicións.
 Non obstante, a mancomunidade non ditou resolución ningunha ao respecto, operando as regras do silencio positivo recollidas na lexislación vixente relativa ás ofertas de contratos públicos. Na devandita normativa establécese que se a mancomunidade non resolve no prazo de tres meses, opera automaticamente a figura do silencio positivo debendo entenderse estimada a proposta do Refuxio de Cambados.

Respecto da cesión da titularidade á Deputación de Pontevedra renunciando a Mancomunidade á contratación da xestión coa única protectora que acudiu á licitación e que cumpría cos requisitos da convocatoria, ese feito supón unha clara manifestación de arbitrariedade, abuso de dereito, ou de desviación de poder, toda vez que unha vez sacada a concurso a contratación da xestión da canceira comarcal, esta debeu ser concedida á única licitadora que, ademais, cumpría cos parámetros que se esixían nas bases.
 En todo caso, a renuncia á súa concesión por parte da Mancomunidade, debeu ser comunicada por medio de resolución motivada na que se xustificase puntual e claramente o por que non se concedía a xestión á protectora de Cambados. Resolución motivada que nunca chegou a ver a luz porque non existe, nin resolución nin xustificación para a renuncia ao concurso; e iso porque a renuncia levaría consigo, en todo caso, a indemnización substitutoria que tería que afrontar a Mancomunidade.

 Non cabe, polo tanto, a renuncia ao concurso de xestión do centro de recollida de animais por parte da Mancomunidade e a cesión á Deputación de Pontevedra sen que iso supoña a non concesión desta á protectora de Cambados. O devandito artificio, á parte de ilegal supoñería unha clara vulneración da lexislación vixente na materia e un suposto de abuso de dereito".

 A XUNTA DIRECTIVA DO REFUXIO DE ANIMAIS DE CAMBADOS""


Advirten seguidamente a Mancomunidade que o seguinte paso vai ser unha demanda xudicial.

  

Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.

Ningún comentario: