1 de xan. de 2012

TODOS O 7 DE XANEIRO A VER A SERGIO PAZOS. A RECAUDACIÓN É PARA ESPERANZA SALNÉS.

Sergio Pazos tamén se solidariza Esperanza Salnés e  rebaixa o seu caché en favor de recadar o máximo na gala benéfica.
Esperanza Salnés necesita fondos con urxencia porque se non, nun prazo non superior a dous meses deberá pechar as súas portas. Así o manifestaba onte o seu xerente durante a presentación da gala benéfica que a asociación de comerciantes Zona Centro lle ofrecerá o día 7 de xaneiro
coa actuación do coñecido artista Sergio Pazos. E é que, aínda que agradecen a intención, a súa recadación non será suficiente para revitalizar o presuposto anual que necesita para proseguir a súa actividade: Axudar a persoas con minusvalidez.

Augusto Chaves facía onte un novo chamamento ás administracións para que lle presten axuda. "Ou problema de Esperanza Salnés o ten que solucionar a administración". De momento, non recibiron máis apoio que o dos veciños "a diario, me dan mostras de apoio esolidariedade", apuntou Chaves, e da asociación presidida polo comerciante Marcos González.
Este facía un chamamento á cidadanía para que gaste cinco euros en comprar unha entrada anticipada ou seis, en caso de adquirila o mesmo día do espectáculo (7 de xaneiro no Salón de Peña). "Ninguha persoa está libre de verse nunha situación semellante", manifestou para destacar a axuda que presta Esperanza Salnés ás persoas con minusvalidez e ás súas familias.

González explicou que a asociación achegará unha cantidade "significativa" a maiores do recadado e subliñou que Sergio Pazos baixou o seu caché "considerablemente" cando se decatou do fin da gala.
O alcalde, Luis Aragunde, tamén estivo na presentación da iniciativa e mostrou o seu apoio á causa. De feito, o xerente de Esperanza Salnés subliñou os 6.000 euros de subvención que reciben do Concello anualmente e a postura doutros concellos cuxos cidadáns son usuarios pero "seguen sen asumir ningún tipo de responsabilidade" pero o Alcalde de Cambados nin Augusto neste caso critican a inoperancia da Xunta neste tema, que é alarmante.. Augusto Chaves recalcou que a entidade está a atravesar unha situación delicada e que lles queda, como moito, dous meses para non pechar.

        

Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.


Ningún comentario: