Dende logo que se pode dicir calqueira cousa do BNG de Cambados menos que non se move , pregunta, interesase e fiscaliza de xeito continuo o dictatorial goberno do Concello de Cambados, pese a oposición frontal da prensa arousana, que sempe minimiza as suas novas cando non levantan o telefono para chamar a Aragunde e decirlle “Luis que le parece lo que dice el Bloque”. Pese a todo Victor Caamaño e o seu equipo seguen adiante e veñen de presentar un escrito no concello no que manifestan que a Xunta de Galiza ven de reducir, de forma drástica, as partidas, subvencións ou convenios que tiña acordado cos diferentes concellos no
referente ao Plan Concertado de servizos sociais da Consellería de Traballo e Benestar e, segundo informaban os medios de comunicación, para Cambados os recortes económicos no apartado de “Axuda no Fogar” reducíronse nun 80% da cantidade inicialmente comprometida, con todo esto o BNG quere que o inoperante do noso alcalde conteste en debida forma e non con monosilabos as seguintes cuestións:
referente ao Plan Concertado de servizos sociais da Consellería de Traballo e Benestar e, segundo informaban os medios de comunicación, para Cambados os recortes económicos no apartado de “Axuda no Fogar” reducíronse nun 80% da cantidade inicialmente comprometida, con todo esto o BNG quere que o inoperante do noso alcalde conteste en debida forma e non con monosilabos as seguintes cuestións:
- En que cantidade concreta reduciu, a Xunta de Galiza, as axudas do Plan Concertado que debía recibir o Concello de Cambados neste ano?
- Como van a afectar as reducións económicas no Plan Concertado da Consellería de Traballo e Benestar aos servizos sociais que se están a prestar no noso concello?
- A partir de agora, seguirán prestándose os mesmos servizos sociais e cubrirán as necesidades do mesmo número de persoas? Como afectarán os recortes ao Servizo de Axuda no Fogar?
- Que actuacións realizou o goberno municipal diante da Xunta de Galiza para esixir as partidas inicialmente comprometidas no Plan Concertado? De non haber realizado ningunha actuación ata o momento, pensa o goberno municipal esixirlle á Xunta de Galiza que sigan apoiando economicamente estes servizos como o viñan facendo ata o de agora?
- Pensan o goberno municipal presentar algún recurso de reposición ante a Xunta de Galiza, polo recorte drástico das partidas para servizos sociais, para reclamar as axudas acordadas, como o veñen facendo outros concellos do Salnés, incluído algúns gobernados polo PP?
Tanto Luis o superdelegado Touris descaron nas súas criticas feroces a Xunta bipartida e aogra que estes estanno a facer mil veces pior non se oen dicir un chio. Lamecús non son pero tampouco deixan de selo.
Para unha mellor navegación por este blog usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.
Ningún comentario:
Publicar un comentario