20 de dec. de 2011

O CAMBADÉS RAMÓN CACABELOS COAUTOR DE GUIA FARMACOXENÓMICA E DUNHA VACINA CONTRA O ALZHÉIMER

A Guía de Farmacoxenómica, cinco anos de recompilación de EuroEspes
É o primeiro referente mundial editado para a comunidade médica.
O grupo investigador de Bergondo presentouna onte xunto ao desenvolvemento da súa vacina preventiva contra o alzhéimer
A presentación da primeira Guía Mundial de
Farmacoxenómica, que reflicte o uso personalizado dos medicamentos, foi o acto estelar de VINA Conferencia anual do grupo de investigación de mediciña xenómica EuroEspes, radicado no municipio coruñés de Bergondo, á que asistiron máis de 200 persoas celebrada estes días. Pero tamén hai que destacar outro acontecemento, a presentación do desenvolvemento dunha nova vacina contra o alzhéimer, unha vez obtívose a patente das autoridades de Estados Unidos. Estímase que entre cinco a oito estea a disposición da cidadanía.
Dúas noticias relevantes dentro do mundo científico internacional que coinciden co vixésimo aniversario de EuroEspes, entidade privada fundada e presidida polo doutor Ramón Cacabelos García (Cambados, 1955), que no seu día, alá polo curso 1979-80, mentres finalizaba os seus estudos de mediciña na Universidade de Oviedo xa traballaba nun proxecto sobre a cibernética do cerebro “a simulación por computador das funcións cerebrais” tan só tres anos despois de que se iniciase ese tipo de estudos a nivel mundial na prestixiosa Universidade de Stanford (EE.UU.).



Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.

Ningún comentario: