20 de dec. de 2011

OS CAMBADESES SUSO MIGUEZ E MAR GONZALEZ VENCEN NO RALLY DAS LENTELLAS 2011

Moi disputada esta edición do Rali dás Lentellas 2011 de Ribadavia.. A presenza da maioría dos top drivers da Clasica Galicia garantía o espectaculo. A primeira criba importante produciríase no TC2 "Mil Cruces" tras a que dous equipos tomarían as rendas do evento, pelexando cada un dos controis e mantendo minimas diferenzas. Referímonos a suso Miguez / Mar Gonzalez e ao equipo formado por
Alberto Vazquez / Francisco J. Casal os que se encerellaron nunha bonita disputa. A non moita distancia deles situábase Manuel Ferreira / Fran Forjanes liderando a uns cantos equipos nun puñado de puntos.

Finalmente serían os do BMW 1602, Suso  e Mar, os que levarían a vitoria sobre os do Renault 5 Turbo 2, Alberto / Francisco J., por unha diferenza de 7 puntos, mérito maior se cabe ao non levar medidor adicional. En terceiro lugar, como comentabamos, uns adoitados Ferreira / Forjanes co seu Austin Mini Seven.

CLSIFICACIÓN: Para acceder a ela preme AQUI.
PENALIZACIÓNS: Para acceder a elas, preme AQUI.



Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.


Ningún comentario: