Outros 869 parados. Eses son os que se incorporaron ás listas do INEM na comarca do Salnés durante o pasado mes de novembro. Galicia (gobernada polo impotente Feijoo, aquel que ia acabar co paro en 45 días) foi a comunidade autónoma onde máis se incrementou o desemprego nese período........
e sen dúbida os municipios desta zona contribuíron a esta situación. A subida rexistrouse sen excepción en todos os concellos, pero o que liderou o ranking foi Vilagarcía ao sumar 235 persoas máis como demandantes de traballo, vila gobernada polo PP.
e sen dúbida os municipios desta zona contribuíron a esta situación. A subida rexistrouse sen excepción en todos os concellos, pero o que liderou o ranking foi Vilagarcía ao sumar 235 persoas máis como demandantes de traballo, vila gobernada polo PP.
A inoperancia do Partido Popular está causando desfeitas na comarca do Salnés, onde os eres e peches de empresas están practicamente á orde de cada día. E é que unha vez máis o sector servizos liderou a subida do paro, posto que supuxo 474 dos 869 novos parados rexistrados no pasado mes de novembro.
Esta situación adoita ser habitual nun mes de inverno nunha zona turística, pero de aí a máis de 850 parados aínda hai un treito. E este cóbrese cun importante número de novos parados no sector da construción.
Este ámbito laboral foi un dos máis afectados pola inoperancia do PP desde un principio e o paro chegou a incrementarse en ata un 80%. O resto de novos desempregados achegounos a industria, cun total de 148, mentres que o sector primario, o da agricultura e a pesca, está logrando manter os postos de traballo, polo que o incremento do desemprego no pasado mes só foi de 11 persoas. Finalmente, hai que apuntar que no aumento do paro tamén contribúen as 78 persoas que se inscribiron no INEM á espera de atopar a súa primeira oferta de traballo.
Vilagarcía foi o municipio con máis aumento de paro no último mes, pero en todos as cifras apuntan a unha situación alarmante.
En Cambados foron 168 persoas as que se incorporaron ao paro un desastre mais do que está o fronte o noso Alcalde Luis Aragunde deixou pechar Alfageme, deixou pechar Guau e o famoso poligono industrial non fai mais que pechar empresa, un verdadeiro desastre do que un dos culpables é o noso Alcalde.
En Cambados foron 168 persoas as que se incorporaron ao paro un desastre mais do que está o fronte o noso Alcalde Luis Aragunde deixou pechar Alfageme, deixou pechar Guau e o famoso poligono industrial non fai mais que pechar empresa, un verdadeiro desastre do que un dos culpables é o noso Alcalde.
No Grove a cifra foi de 125. Sanxenxo, do mesmo xeito que o resto dos concellos máis turísticos do Salnés, tamén contabilizou un incremento considerable de novos desempregados, posto que sumou 164 persoas á lista de demandantes de traballo.
Finalmente a lista completouse coas 66 persoas de Meaño que se apuntaron ao paro, as 20 de Meis, 29 en Ribadumia, 49 en Vilanvoa de Arousa e 12 no municipio da Illa.
Tamén é de destacar que a situación afecta en maior número ás mulleres. Se se atopan no paro un total de 12.134 persoas do Salnés, as mulleres suman 6.091, mentres que os homes son 6.043.
O paro e as cifras rexistradas nos últimos meses pon xa en alerta aos sindicatos, que demandan medidas para paliar a situación que afecta a un gran número de familias de todos os municipios do Salnés. Así, é de destacar o elevado número de conflitos laborais abertos nos últimos meses e mentres algúns teñen un final feliz, como foi o caso de Ankarr, noutros a situación finaliza con novos traballadores á procura dun emprego, unha situación que actualmente non é nada fácil e que deixa a familias sen os ingresos necesarios para facer fronte ás esixencias diarias dunha vivenda e a manutención. A recuperación rexistrada no pasado verán foi só un respiro. Pero a veces os parados tamén teñen que preguntarse se votando continuamente o PP está a solución, polo que parece é todo o contrario.
Para unha mellor navegación por este blog usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.
Ningún comentario:
Publicar un comentario