4 de dec. de 2011

¡¡¡XA ESTÁ BEN!!!. A ESPERANZA SALNÉS HAILLE QUE ATOPAR UNHA SOLUCIÓN DEFINITIVA

Cada ano por Nadal, como si do anuncio do “almendro” se tratara, aparécenos na prensa o Xerente de Esperanza Salnés Augusto Chaves, para dicirnos  que as subvencións esgótanse e se non chegan fondos por algunha vía a asociación terá que pechar as súas portas no prazo de dous meses. Augusto Chaves, que, como noutras ocasións, viuse obrigado a recorrer aos medios de comunicación para dar un «toque de atención» á Administración. Non ha tardar moito en aparecer o Rei Midas “Louzán” en escena e o seu lacallo Luís Aragunde amigo de Augusto, para facer entrega dentro dunhas datas a Esperanza Salnés dun cheque por non sei cantos cartos, aparecendo......
Louzán novamente como “salvador” de Esperanza. É unha película que lamentablemente se repite cada ano. A min gustariame ver a Augusto Chaves, do cal eu non poño en dúbida para nada a súa valía nin tampouco o seu traballo e non son quen, poñer os políticos no seu sitio so me lembro que nunha ocasión Augusto criticou os políticos  concretamente a Xunta de Galicia cando lle deron no 2007  catro mil euros , da parte de vicepresidencia naquela nas mans do BNG, a mesma cantidade que lle dou este ano a xunta do PP, pero claro era o bipartito e entón non lle doeron prendas en criticalos, e agora que o PP vólveo a ter abandonado porque  non critica Augusto tamén a situación. 
Augusto participando no video promocioinal da
candidatura de Aragunde nas pasadas municipais.
Porque Augusto non critica que se lle concedan un millón de euros a unha entidade privada como a Sociedade Cultural que atende 399 socios e maioría deles xubilados e en troques ten abandonada a Esperanza Salnés, e sempre a espera de recibir unha misera subvención ou apartacións de particulares como o famoso calendario. Augusto non pode facer iso porque definiuse politicamente o apoiar sen ningún xénero de dúbidas a candidatura de Luís Aragunde  o saír no seu vídeo promocional nas pasadas  eleccións locais. Augusto non pode criticar a quen admira ainda que este o faga mal é o prezo de apoiar publicamente unha candidatura cando eres o Xerente dunha entidade que en principio debe ser apolítica. Eu coido que as administracións debían de coller dunha vez o toro polos cornos e deixar estabilizada dunha vez por sempre a situación de Esperanza Salnés de deixarse de sacar cada ano unha foto como salvadores de asociación.

Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.

Ningún comentario: