O que fora patrón maior de Cambados, Julio Dozo Gómez, recibiu onte sepultura no cemiterio parroquial de Castrelo. Faleceu aos 71 anos de idade e deixa muller e fillos. Dozo ocupou a presidencia da confraría cambadesa de 1995 a 1999, unha época que, segundo recoñecen tanto os seus partidarios como os seus detractores, supuxo unha transformación na confraría.
O alcalde, Luís Aragunde agora abrazado a Benito Pelea detractor no seu día de Julio Dozo, dixo que «Foi quen modernizou a confraría. Para uns sería mellor e para outros peor. Pero desde o punto de vista dá xestión, fixo unha gran xestión», indica o rexedor que, naqueles anos, traballou de xeito conxunto con Julio Dozo en calidade de xefe de lonxa. Con Dozo á fronte déronse os primeiros pasos para crear as......
asociacións de marisqueo a pé e de rañeiros e construír a fábrica de xeo que actualmente dá servizo en Tragove. Organizar o marisqueo e afrontar o problema da toxina na vieira deu lugar a tempos convulsos na confraría, que a el lle tocou xestionar. A partir de que González púxose á fronte do depósito, Julio Dozo xa non volveu ocupar ningún cargo na confraría e desvinculouse da entidade. No entanto, non fai moito aínda recibiu unha placa de recoñecemento que outorgaron as confrarías galegas aos ex patróns maiores.

Ata aquí todo normal neste nova luctuosa e aproveitamos para darlle o nóso pésame a familia, pero unha das persoas que lle botou máis morro o asunto foi Benito Pelea quen dixo onte de Julio Dozo «Foi o que empezou ou proceso de organización dá confraría, aínda que logo xa chegou a xente máis nova. Sendo un home digamos, dos antigos, soubo entender que había que organizarse». Habia que lembrarlle a Benito Pelea cando dixo do finado na Voz de Galicia do 14 de xullo do ano 2000 onde o tachaba de falsear as contas e aseguraba que un documento probaba o incremento experimentado nas dietas que percibiu Dozo, que chegou a cobrar máis de dous millóns de pesetas en só nove meses. Ademais, tamén destacou que, as contas presentadas no 98, eran irreais e que, neses momentos, a confraría tiña un déficit de 10 millóns de pesetas. E outras acusacións que agora non veñen o caso. E onte tivo a cara de ir o enterro, pódese ter máis morro?
Hai que ver o a está a facer él agora na confraria, agora non lle podemos dicir o finado "Outros virán que bo te farán"
Polo demais, Julio Dozo tamén cultivou a súa faceta pública en calidade de presidente doutras entidades, como a asociación de veciños de Castrelo. Descanse en Paz.
Para unha mellor navegación por este blog usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.
Ningún comentario:
Publicar un comentario