6 de dec. de 2011

A BUXAINA CUMPRE O SEU PRIMEIRO ANO. PARABENS¡¡¡

Hai un ano, un grupo de profesores e profesoras comenzaban con moita ilusión este proxecto coa idea de que tivese continuidade no tempo, pero tamén cun pouco de medo a non ser capaces de ilusionar ao alumnado para que se fose sumando.

Agora, despois de 12 edicións, xa son maiores e estan convencidos de que a idea funciona.Felicitan aos máis de trescentos colaboradores, rapaces e rapazas, profesorado do centro, ex alumnos, amigos de fóra... que fixeron posible chegar ata aquí. E tamén felicitan aos seus lectores, sen eles non tería sentido a revista.
Esta publicación naceu como un proxecto interdisciplinar dirixido desde os departamentos de ciencias coa intención de que teña continuidade e unha periodicidade mensual.
Escolleron o nome Buxaina por ser este un elemento que ten que ver coa ciencia (a física do movemento, a acción) e coa tradición (un xogo que aínda pervive no noso entorno, aínda que cada vez máis escaso).
Querian  que a revista respondera a un criterio científico de busca de información, investigación, sentido crítico, capacidade para comunicar, pero tamén que se entronque na realidade cotián do noso alumnado. Querian tamén, como o seu nome indica, que sexa activa, que amose as inquedanzas do profesorado e o alumnado e que se meta nas casas a través das pantallas dos ordenadores.
Pero, tamén, e non menos importante, queren que sexa un compromiso permanente coa nosa língua, o medio ambiente a a sostenibilidade.
Dedicarase un apartado especial ao cambio climático, dentro do proxecto Climántica, no que o departamento de Ciencias está implicado desde hai varios anos.
O traballo de coordinación correrá a cargo do equipo de profesores e profesoras de Ciencias e na edición participará tamén o alumnado.
Animánvos novamente  a que colaboredes e poñades un pouco da vosa ilusión niste proxecto.

Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.


Ningún comentario: