A Asociación Protectora de Animais de Cambados promete plantar cara á Deputación e polo tanto o PP, que quere convocar un novo concurso para a explotación do floco comarcal de Meis. A entidade que preside Olga Costa recorda que foi a gañadora do concurso convocado no seu día pola Mancomunidade do Salnés, e está disposta a facer valer os seus dereitos. O floco atópase na parroquia da Armenteira (Meis), e xa está acabado, aínda que lle quedan os últimos........
retoques e a conexión da instalación eléctrica.
retoques e a conexión da instalación eléctrica.
Luis utilizou politicamente o Refugio. |
Pero entón comezaron os problemas. Os alcaldes do Salnés e o propio Jorge Domínguez o rexedor de Meaño era entón presidente da Mancomunidade eloxiaron con entusiasmo o proxecto de Cambados, pero indicaron que o floco tiña uns custos de mantemento anuais moi altos para os concellos. Por iso, expúxose ceder as instalacións á Deputación, xa que dese modo poderían usar o floco outros municipios da provincia.
Mais tarde o deputado provincial Jorge Domínguez afirma que o proxecto que presentou a Asociación Protectora de Animais de Cambados para xestionar o floco comarcal do Salnés é "inviable economicamente". Domínguez, que era presidente da Mancomunidade cando se convocou o concurso de explotación que gañou a Protectora, sostén que "Olga Costa (a presidenta da asociación cambadesa) coñece dabondo o meu apoio ao seu traballo e que me gustaría que leva ela as instalacións 8unha forma de facerlle a pelota a Olga) , pero o seu proxecto non se adxudicou porque era inviable economicamente".
Pero ese anuncio non gustou á Protectora de Cambados, que quere facer valer os dereitos que segundo eles obtiveron tras gañar a convocatoria da Mancomunidade, aínda que formalmente non se culminou cunha adxudicación. O deputado e alcalde de Meaño manifesta que a min me gusta máis o proxecto dunha Protectora que o dunha empresa, que aplicará rigorosamente a lei. Pero na Deputación viron que cos prezos que propuña a Protectora había moi poucos concellos interesados". Admite que o de Cambados "é un proxecto socialmente interesantísimo. Pero non era viable entón, e hoxe aínda o é menos. É unha especie de luxo que non nos podemos permitir".
A Protectora de Cambados solicitou unha entrevista con Jorge Domínguez e co presidente da Deputación Provincial, Rafael Louzán, para abordar este asunto.
De todos os xeitos os asesores legais do Refuxio de Animais estudan que medidas tomarán para facer valer os seus dereitos como a entidade que propuxo o único proxecto para xestionar o floco da Mancomunidade do Salnés e, xa que logo, entenden, a adxudicataria. Para facer frente á intención da Deputación de convocar un concurso ao que se poderán presentar todo tipo de empresas e entre as que haberá, témense, firmas que primen o sacrificio dos animais abandonados en lugar da súa adopción.
“Non nos imos a quedar cos brazos cruzados”, manifestaba onte a súa presidenta, Olga Costa. Explicou tamén que a asociación que xestiona non poderá presentarse ao concurso que, segundo ela, pretende pór en marcha a institución provincial. “As empresas teñen diñeiro para polo encima da mesa, nós non”, manifestou.
De feito, Costa está convencida de que “a Deputación buscará a forma máis barata e rendible e non vai pensar nos máis importante, os animais. Impórtanlle catro pepinos”. Ademais, a asociación estima que este novo proceso choca co aberto o pasado ano pola Mancomunidade do Salnés. A súa presidenta recordou que a entidade supramunicipal convocou un concurso aberto a todas as protectoras para encargarse do recinto de Meis e que a súa foi a única en presentarse e,, xa que logo, crese a adxudicataria.
Costa cre que se adquiriu un compromiso co seu Refuxio que agora se está rompendo por iso “o noso gabinete xurídico está estudando que podemos facer”. E é que, ademais, temen a presentación de ofertas de empresas que, como sucede noutras cidades, asegura, non ten en conta o dereito dos animais á vida, primando o seu sacrificio sen sequera esperar os prazos previstos pola lei.
Ademais, en opinión da cambadesa tampouco solucionará a presenza de animais abandonados nas rúas e saturará novamente o seu refuxio. “Cando os veciños saiban que sacrifican aos animais, volverán traérnolos aquí e estaremos desbordados outra vez por atender aos animais doutras localidades. Isto xa pasa cos de Sanxenxo”.
Nesta mesma liña, Costa recordou que o seu proxecto dispuña dun plan de viabilidade mediante o cal, a entidade podería autofinanciarse pasado o ano de funcionamento. Tamén quixo deixar claro que o Concello de Cambados non apoia a decisión de contratar a unha empresa “así nolo manifestou o alcalde, Luís Aragunde”, neste senso decirlle a Olga Costa que o Alcalde de Cambados é un cínico e o unico que quere e non enfgrontarse o Refuxio porque sabe que lle afecta politicamente, pero Luis vai facer o que diga a Depuitación querida Olga. Esta cínica postura do Alcalde que celebrou e agradeceu, indicando que “non se trata de siglas políticas senón de humanidade”, neste senso Olga estás equivocada Luis estate a clavar polas costas. Olga cre que se cada concello achegase uns 10.000 euros ao ano “estaría máis que en funcionamento”, tendo en conta que outras localidades como Marín ou algunhas do Ulla-Umia están interesadas.
Xente relacionada co refuxio manifestou que non fai falta coñecer moito do tema para darse conta de que o que buscan é darselo a unha empresa tipo CASALDOG ou CANIDOS VALMIÑOR á que seguramente lle deban algún favor de amigo e que saben que así os cans deixan de ser un problema porque os dormen. Nesas empresas non limpan as gaiolas, os cans non reciben ningún tipo de coidado, teñen sorte se comen e NON os dan en adopción. Ademais se o teu can acaba alí pois porque se che perdio etc etc tes que pagar por recollelo. Non esperan tan sequera o prazo de 20 días legais por se aparece o dono nin nada de nada. Non podemos deixar que o floco macomunada déanlla a unha empresa, teñen que darsela a unha protectora porque serán os únicos que miren polo ben dos animais. Sinto dicilo pero o PP estivo a utiilizar o Refugio politicamente, e estes non se deron conta.
O MARATON DA PULGA TODO UN ÉXITO.
Foron case 24 horas de actividades ininterrompidas que arrincaron coa actuación de Tony Lomba, Róber Adegas e Manquiña e continuaron ata as seis e media da mañá cun festival de música. Onte ao mediodía xa estaban preparadas os colchóns para que xogasen os nenos e as lentellas ecolóxicas que se serviron na sesión vermú. E para a tarde aínda quedaba por diante unha obra de teatro e unha exhibición canina. Unha xornada esgotadora -Costa só durmiu hora e media, segundo confesou- «pero que valeu a pena».
Con máis horas de soño no corpo, o alcalde Luís Aragunde tamén se deu onte unha volta polo recinto, onde visitou o mercadillo que as protectoras montaron para a ocasión. Hoxe a asociación volve á rutina e o seu primeiro labor do día será trasladar a unha clínica de Ferrol á cadela que rescataron o xoves, malferida, tras ser atropelada nunha estrada de Cambados. Operala para salvarlle a vida custa 600 euros e o Maratón dá Pulga contribuirá a iso.
1 comentario:
si non queredes que os maten levadeos para casa e moi bonito falar desde fora e facer polemica pero a hora de arrimar o hombro, que o faja o ayuntamiento que o faja a xunta e eu na casa sentadiña criticando
Publicar un comentario