Mañan vai ter lugar o XI MERCADO TRADICIONAL ENXEBRE no Grove que ven a ser unha recreación costumbrista do mercado que se facía nesta céntrica praza dende tempos inmemoriables ata a década dos 60. non faltará de nada. Solo á mañá do martes dende ás 11hr ate ás 14:30hr. Unha festa similar ia no programa do BNG de Cambados nas pasadas eleccións municipais, que era recrear o mercado que se celebraba na praza de Fefiñans ate o as anos corenta, xa publicara eu algo o respecto que podes ver premendo AQUÍ.
PERSONAXES:
-alcalde da época
-cura, monxas e monaguillo.
-burguesía da vila.
-artesáns. (collareiras, redeiras, bolillos, canteiros, forxa, cesteiros...)
-e a visita da infanta Dna. Isalbel de Borbón (que nos visitou a principios do 1900)
PRODUCTOS A VENDA:
empanadas, pan artesán, xabón, mel, verdura, fariñas, hortalizas, taberna, filloas de porco e chulas, boliños preñados, castañas, chourizos, queixos artesáns, pinturas costumbristas e outras moitas cousas...
ACTIVIDADES:
-procesión con saida de san roque ás 11:00hr.
-entrega das chaves da vila por parte do alcalde a infanta.
-discurso da infanta e innaguración do mercado.
-talleres cos artesáns.
-venda dos productos artesáns.
-actuación do grupo Paradanda Mecos.
-actuación da coral da asociación San Roque.
-actuación da Compañía Va´Lontano Ballet.
Para unha mellor navegación por este blog usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.
Ningún comentario:
Publicar un comentario