28 de dec. de 2011

OS CONTENEDORES DA RÚA SEVILLA CHEIRAN QUE APESTAN

É evidente que os contenedores teñen que estar en algun lado, ninguen os quere a veira da casa. Eu que vivo en Rua sevilla Nº 3 estou a preto 20 metros deles. Nestes contenedores vacian a súa basura ademais dos particulares da ruas adxacentes , todos os restaurantes da Rua Real , que son varios. No vrán xa é un caso, pero normalmente recolleno todos los días e de vez en cado veñenlle a dar un mangueirazo, pero no inverno
a nosas ilustradas autoridades deben pensar que chovendo fai a vez de rego e limpa a porqueria que cai dos mesmos, pero resulta que leva varios dias sen chover e os líquidos que virten estes contenedores, probablmente con buratos, desprenden un edor insoportabel. 
É necesario e urxente que o camión de bombeiros veña de vez en cando e lle dea un mangueirazo a estes contenedores e o lugar onde está colocados, ademáis estaticamente non quedan moi ben o pe do Pazo de Sarmeinto, pero bueno, insisto, nalgún sitio hai que colocalos. Outro día falarei da escasez de luz nesta rúa. Se queres queixarte do mal que está a tua rúa enviame unha foto e un pequeño texto a unhagrandechea@hotmail.com
       

Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.

1 comentario:

Miguel Mallo dixo...

Polo da rúa xa fai tempo que lle escribín eu ó Alcalde, pero nada... así seguimos