A iniciativa de Louzán de crear un “Punto de Exterminio de Animais” en vez dunha Canceira Comarcal en Meis, e darlle a explotación case que con toda seguridade a unha empresa afin ó PP como é Tracsa, viña causando grandes disensions dentro do Partido Popular que se viñan levando en secreto. As redes sociais , facebook, twitter e case que todas as páxinas de internet de Cambados, incluida esta, estánse a facer eco dunha ofensiva por parte de Olga Costa e do Refuxio de Animais de Cambados, que non lle estaba a gustar a Luis
Aragunde. A gota que fixo desbordar o vaso de auga foi no derradeiro pleno do concello cando o BNG presentou unha moción para que o Refuxio se fixera coa Canceira Comarcal, moción que foi rexeita con dór de corazón por parte de Luis Aragunde, a quen lle une unha grande amizada e profundo respeto a presidenta do Refuxio Olga Costa, esta amenazou con entrar en politica.
Foi iso, precisamente, o que fixo que Luis Aragunde presentara a dimisión como Alcalde de Cambados, primeiro os seus compañeiros de corporación e de partido, logo a Louzán en Pontevedra e posteriormente se puxo en contacto co presidente da Xunta Alberto Núñez Feijoo, incluso puxo o feito no coñocemento do presidente do Goberno e Cabaleiro do Albariño Mariano Rajoy ainda que o fará oficialmente por rexistro de entrada o vindeiro primeiro de xaneiro. A dimisión e irrevocabel, era a médida mais forte de presión que podia exercer o Alcalde Luis Aragunde para tratar de convencer a Louzán de que a Canceira Comarcal tiña que explotala o Refuxio. O seu sucesor será o número 2 da lista Juan Carlos Cores, ainda que nun principio se pensou que poderia ser o Tenete Alcalde Toñito Iglesias, fontes do partido dixeron que non estaba ainda preparado psicoloxicamente. Con esta medida “forzada” o PP continua na súa teima de que o sucesor do Alcalde no sexa elexido nas urnas senón que o elixen os propios compañeiros para que se vaia fogueando nas lides politicas.
A nova está a causar estupor dentro do PP tanto local, como comarcal, como provincial, e incluso a nivel nacional, xa que Luis Aragunde estaba chamado a grandes xestas dentro do Partido Popular. Esta espazo web enterouse da nova por unha filtración dunha persoa achegada a Luis de nome en clave Inocencio.

Para unha mellor navegación por este blog usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.

Ningún comentario:
Publicar un comentario