Un dos grupos mais novos de música tradicional do país está en Cambados, son “Os Xeitosiños”, dirixidos polo mestre Xaquin Xesteria, dedicaron onte a animar o Nadal Cambadés. Anxo, Roi, Miguel, Victor e Roberto fixeron as delicias dos viandantes cambadeses nas horas previas a cea de nadal. Desta vez achegouselle o grupo o noso Domin, que non perda a ocasión para armar carallada sempre que pode. Despois de percorrer varias rúas cambadesas a festa rematou no Bar Silva
sobre as dez e cuarto da noite. Os Xeitosiños veñen a coller así o relevo da que noutra hora animaba o Nadal e Entroido cambadés, a desaparecida Unha Grande Chea, na que xa nos derradeiros anos viñan participando aparte do mestre Xesteira os seus fillos Anxo e Roi. Desta vez tamén se animou o tamborileiro Victor coa gaita que vai progresando adecuadamente, todos eles agás Roberto, por residir en Madrid, forman parte tamén da Banda de Música de Castrelo. E que duren moitos anos xuntos e que vos o vexades.

Para unha mellor navegación por este blog usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.
Ningún comentario:
Publicar un comentario