26 de dec. de 2011

OLGA COSTA, POLITICA?

Hoxe a nova principal está na Voz de Galicia,  o titular é o seguinte “A PRESIDENTA DA PROTECTORA ANUNCIA A SÚA ENTRADA EN POLITICA PARA ÓS ANIMAIS” leoa entre medio sorprendido e incrédulo  , se fora 28 de decembro creería que era unha inocentada, pero non estamos a 26 e  a nova é das que marcan época. Toda ven
a raíz de que o PP está a crear un Centro de Exterminio Canino coa anuencia da Deputación Provincial e o Concello de Cambados,  e a Protectora como xustificadamente ten constada e os seus servicios xurídicos así van loitar, creen con dereito para ser eles o explotadores da mesma, cunha filosofía totalmente distinta a do exterminio que pretende a Deputación Provincial, e mais,  totalmente contraria a Protectora  quen ten como filosofia, a poder ser non “exterminar” ningún can.  
Olga Costa di estar desilusionada co tratamento da clase política, en xeral. “Os políticos e os gobernos teñen que escoitar o pobo” di Olga. Eu como concelleiro de BNG, por certo non me considero un político o uso como Louzan, Touris e Aragunde os cales viven exclusivamente da política, eu vivo do meu traballo, teño que facer as seguintes consideracións , que non consellos, sobre este tema:
1º.- De ben nacidos é ser agradecidos e  mediante o facebook, o Refuxio de Cambados deu as grazas o BNG por presentar a moción de urxencia para que Pleno Municipal apoiara unánimente  que a Protectora se fixera cargo da canceira comarcal.
2º.- O BNG foi a voz da Protectora no pasado pleno, voz que foi calada polo “rodillo popular” e polo seu Alcalde Luis Aragunde a non querer que esa moción saira adiante, e foron testemuñas algún membros da Proctectora que se atopaban presentes.
3º.- Ainda que hoxe por hoxe é un plantamento o que se está a facer Olga Costa o de entrar en política, seria tamén moi importante saber porque partido se vai presentar. Si o fixera por BNG ou PSOE, o PP automáticamente ia ser considerada unha “adversaria política” senón a veces inimiga e todos sabemos en Cambados que os do PP son un sectarios ou “estás con eles, ou senón estás contra eles” non admiten termo medio.  Se o fixera polo Partido Animalista contra o Maltrato Animal, Olga pasaría a ter a condición ademais de outras a de  “política”, e xa non seria vista como é agora unha persoa estrictamente traballadora e defensora dos animais, senón coma unha rival política mais. Si fichara no PP, sen comentarios.
4º.- O BNG  é un partido de si por algo se caracteriza é de escoitar o pobo e levar as súas reivindicacións os Plenos, outra cousa que outros con maiorias aplastantes como o PP apaguen esas voces i eso hai que dicilo e denuncialo públicamente con claridade e sen ninguna clase de temor nin medias tintas.
Finalmente pensó que Olga Costa fai unha labor fora de toda dúbida, espectacular, altruista, xenerosa, e incluso me atrevería a dicir en plan cariñoso “que está un pouco tola” porque moi poucas persoas farian o que fai ela, pero entrar en política querida Olga, marca e marca moito, digocho por expericiancia propia, e polo ben do Refuxio eu quedaria como estou,  vanche facer máis caso, creeme.

         

Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.

Ningún comentario: