Un veciño e amigo de Corvillón envianos esta nova curiosa, concretamente na noite do 22 o 23 de Decembro persoa ou persoas descoñecidas ate o de agora, despois de forzala porta accederon o interior da rectoral e o parecer revolveron en todas as habitacións da casa, se ben e segundo o noso informador os ladróns non se levaron nada de valor. A rectoral é unha vivenda anexa e pertecente a Iglesia Parroquial de Corvillón. A vivenda está na primeira planta , e para subir a ela é a través dunhas escaleiras . Segundo este veciño os ladróns debian de coñecer a zona xa que accederon pola parte de atrás que non ten peche. Tamén nos sinalou que no interior da vivenda causaron bastantes danos.

Ningún comentario:
Publicar un comentario