26 de dec. de 2011

SEGUNDO “CAMBADOS WEB” , HOUBO PRESUNTO TONGO NO SORTEO DE CESTAS DE NADAL DE ZONA CENTRO

Den hai xa  varios anos a Asociación de comerciantes Zona Centro de Cambados celebrou o seu tradicional sorteo de cestas de Nadal. 
Do mesmo xeito que noutros anos repartíronse 50 cestas no Salón de Exposicións José Peña. O encargado de amenizar
o evento foi o monologuista Xan Veiga (Luar). 

De Cambados web recollemos literalmente o paragrafo onde se insinua que houbo “tongo” no sorteo, dise textualmente na mencionada web: “”Do mesmo xeito que na pasada edición, este ano volvéronse a escoitar algunhas críticas nas redes sociais sobre o sorteo, se o ano pasado comentábase que as últimas cestas outorgáronse "a dedo", este ano dise que comerciantes e familiares directos destes, estaban presentes no sorteo, e resultaron gañadores, con talonarios completos de rifas dos seus propios negocios.
Polémicas aparte, se as bases non están claras e séguense producindo queixas polo sistema empregado, é posible que este sorteo termine producindo o efecto contrario ao desexado, que non é outro que a fidelización do cliente. Cando se toma a decisión de realizar un sorteo o ser escrupuloso non é unha opción, é unha obrigación””.
Totalmente dacordo co expresado por Cambados web.
      

Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.

Ningún comentario: