18 de xan. de 2012

ARAGUNDE FAI PRISIONEIROS OS HABITANTES DE SANTO TOME

A falta de ideas en materia de Tráfico no concello de Cambados, è alarmante e máis diria que non existen. Aragunde e o seu equipo, incompetentes coma sempre, non saben o que facer co paseo marítimo e andan de bandazo en bandazo. A ultima foi poñer dirección prohibida  polo paseo maritimo saindo de Santome deixandolle como única  saida os habitantes desta popular barrio só o cruce de Catro Camiños regulado por semáforo, de seguro que se han de formar colas para sair de Santome. O malestar entre os veciños fixose patente  e queixábanse de que se peche unha vía de saída do barrio sen dar alternativas pois temen que a rúa Alameda acabe colapsándose. « Vémonos facendo cola no semáforo, esperando unha chea de tempo para poder saír a Cambados»

Á hora de pulsar a opinión da rúa a propósito dos cambios no tráfico xorde outro debate: se o paseo marítimo é o mellor lugar para situar o mercado que se celebra os mércores e os sábados. Non falta quen opina que sería mellor retiralo de alí para liberar os recheos portuarios e o paseo marítimo para a circulación e o aparcadoiro, pero a día de hoxe non se formula ningunha alternativa por parte do Concello nin de ningún colectivo.

Anos atrás, o Concello fixo un intento de desprazar algúns postos do mercado á zona peonil da rúa Hospital, pero a medida encontrouse coa oposición dos vendedores que argumentaban que vendían menos. Na actualidade, os mercados máis concorridos esténdense dende a praza ata a alameda de San Tomé

«Vir a Cambados é un caos», indicaba onte o veciño da parroquia de Castrelo. E coa implantación do sentido único no paseo marítimo, na súa opinión, a situación vai empeorar. «Eu véxoo mal. O problema de aparcamento tingan que solucionalo doutamaneira». Entre as súas propostas figura a de «levar ou mercado áilla Das goritas, así vos mércores xa quedaría sitio de sobra para aparcar», apuntou Antonio.
“Como imos facer agora, por onde imos andar?”, preguntábase un veicño de Santo Tome á hora de analizar os cambios no paseo marítimo. Se o motivo é gañar aparcadoiros, el é dos que pensa que habería que buscar unha solución menos gravosa para os condutores.
Un mozo veciño do barrio de San Tomé súmase ás críticas que obtivo a nova regulación viaria. «En San Tomé xa están moitas rúas cortadas.  podemos saír por Catro Camiños e por Mar de Frades. O único, que saiamos polo aire, voando,». Tampouco cre que esta sexa a solución para gañar prazas de aparcadoiro «porque total os mércores e os sábado xa non se pode aparcar por culpa do mercado», indicou.

É unha veciña de Vilalonga pero ultimamente acode bastante a Cambados por razóns de saúde. Onte aparcaba o seu coche na explanada situada ao lado do paseo marítimo e, como usuaria, considera que «sería mellor que a circulación seguise nos dous sentidos, como ata agora».

Por último o BNG de Cambados, hoxe mesmo tamén publica no seu blog escrito presentado no concello solicitando se lle informe se os veciños e veciñas de San Tomé foron informados previamente á toma desta decisión e cales son as vantaxes que supón para eles esta nova ordenación do tráfico e se dita actuación vai a ser definitiva ou  simplemente é momentánea.

      
                        
Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.


Ningún comentario: