Ir desenpolvando os disfraces, que
Escuma xa está discurrir as súas movidas para este entroido e así popoñennos a
todos ó “ROCK FESTIVAL OF ANTROIDO”, e nos invitan a colaborar coa súa banda de
Rock. Busca a tua ropua mais rockera que teñas no armario, gomina a barrer e
colle o instrumento que mais teñas a man a poder ser unha guitarra. A festa é o
18 de febreiro sábado de Entroido a partires das 23.30 horas.
Logo
da decadencia dos primeiros ídolos do rock and roll a
finais dos anos 50, a
estafeta tomárona os artistas de cor, os cales a principios dos 60 puxeron a
bailar a todo mundo co seu sonido Motown, unha celebración de R&B, soul e
funk.
Desa ondada de artistas recórdanse, entre moitos outros a The Supremes, The Marvelletes
, The Shirelles, Marvin Gaye, Stevie Wonder e o padriño do funk, James Brown, que lle deron un novo sentido á música pop coa súa frescura e alegría.
, The Shirelles, Marvin Gaye, Stevie Wonder e o padriño do funk, James Brown, que lle deron un novo sentido á música pop coa súa frescura e alegría.
Pero abondaría con que a década deixase pasar catro anos para que un novo
movemento, con dimensións e repercusións tan grandes como as do nacemento do
xénero, se presentase. Coa chamada "invasión inglesa" a música
británica facíase presente e, como acontecería de aí en diante, demostraría que
a partir de aí irían sempre un paso adiante ao que se creara en Estados Unidos.
Entón
o mundo enteiro vibrou a ritmo de The Kinks, The Animals,The Who, The Zombies, The Shadows, The Hollies e, por suposto, con The Beatles e The Rolling Stones, as dúas bandas máis importantes e
influentes na historia do rock.
Escuma
querenos por unha noite volver a estes tempos.
Para unha mellor navegación por
este blog usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.
Ningún comentario:
Publicar un comentario