19 de xan. de 2012

A REAL ACADEMIA GALEGA DE BELAS ARTES CONVOCA UN ACTO PUBLICO EN CAMBADOS.

Co gallo do da clausura do Ano Asorey a Real Academia Galega de Belas Artes Nosa Señora do Rosario e o Concello de Cambados organizan un acto público que terá lugar o vindeiro sábado 28 de xaneiro ás 13 horas  no Auditorio da Xuventude. Menos mal que desta vez invitaron os Concelleiros, e non fixeron o feo que fixo o noso alcalde, o inclito Louzan e o incalifibel presidente da cultural  cando foi da inauguración desta entidade. Sen dúbida a persoa que mais sabe sobre Asorey hoxe en día en Maribel Iglesias profesora no I.E.S. Asorey de Cambados a cal fixo un balanzo nun blogue que administra ela e que trata 
precisamente sobre Asorey, nese balanzo eu resumo cunha frase de Maribel que moi siginitificativa “SE PODERIA TER FEITO MAIS SI SE FIXERA MELLOR”. 


Outra das cousas  que me chamou tamén a atención de ese artigo a insistencia sobre a creación dun museu Asorey en Cambados, fixo un artigo razonando tal extremo o efecto e que titulou “É POSIBEL UN MUSEO ASOREY”. Eu o que botin de menos foi un libro sobre o noso egrexio escultor e todo o material o ten Maribel, pero ningún, nin concello ni deputación nin xunta quixeron editalo, Unha magoa.


                     
Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.

Ningún comentario: