Polo seu interese informativo, reproducimos o comunicado
conxunto enviado aos medios de comunicación con motivo do pacto entre Máis
Galiza, Encontro Irmandiño e independentes de cara a XIII Asemblea Nacional do
BNG.
"As organizacións políticas integradas no BNG, +GALIZA e
ENCONTRO IRMANDIÑO xunto con outros colectivos e grupos de independentes,
entendendo que neste proceso é máis o que nos une que o que nos separa,
queremos facer público o seguinte acordo para a
nosa participación na XIII Asemblea Nacional:
nosa participación na XIII Asemblea Nacional:
-Asumir como teses para este proceso o documento “NOVO
PROXECTO COMÚN, REFUNDACIÓN E REXENERACIÓN DO BNG”, elaborado como fusión das
respectivas teses con aportes de outros colectivos e compañeiras e compañeiros
independentes, e que será debatido no plenario da Asemblea Nacional.
-Impulsar unha candidatura conxunta, inclusiva e aberta a
aquelas persoas e grupos políticos ou de base que apoien unha alternativa a
prol dun “novo proxecto común para a rexeneración e refundación do BNG”
reflectido nas nosas teses conxuntas. A candidatura conxunta ao Consello
Nacional será encabezada por Xosé Manuel Beiras Torrado. A persoa que optará a
candidato do BNG á Xunta de Galicia será Carlos Aymerich Cano.
-Facer un chamamento á participación da militancia do BNG no
Plenario da Asemblea Nacional os vindeiros 28 e 29 de Xaneiro, para dar
respaldo a esta iniciativa co seu apoio democrático imprescindíbel.
-Somos conscientes da importancia do paso dado que resposta
á demanda expresada por unha grande parte da base social do BNG e da súa
contorna. Estamos convencidos de que esas demandas non se verán defraudadas."
A min personalmente gustarime que a este acordo, ainda que sei que é imposibel, tamen chegara a UPG, é un desexo personal.
A min personalmente gustarime que a este acordo, ainda que sei que é imposibel, tamen chegara a UPG, é un desexo personal.
Para unha mellor navegación por
este blog usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.
Ningún comentario:
Publicar un comentario