O PP de Pontevedra súmase aos actos en memoria de Manuel Fraga coa organización
de misas en Cambados, Lalín, Pontevedra e Vigo. Os actos relixiosos celébranse, segundo explica o PP nunha nota, "ante a
demanda dos afiliados de renderlle unha última homenaxe" ao fundador do
partido. Os populares destacan a vinculación de Fraga coa provincia pontevedresa na súa
asistencia ás 59 edicións celebradas da Festa do Albariño, excepto á de 2011,
da que o expresidente da Xunta ausentouse pola deterioración da súa saúde.
A misa de Lalín oficiarase o sábado, as de Cambados e Vigo o luns e a de
Pontevedra, o
martes da próxima semana.
martes da próxima semana.
Para unha mellor navegación por
este blog usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.
Ningún comentario:
Publicar un comentario