Sábado promete ser unha xornada
participativa e popular en Compostela. Por unha parte, o funeral dos poderes políticos e económicos
para homenaxear ao seu incondicional servidor, Manuel Fraga Iribarne, pero
tamén a manifestación nacional dos sectores antifascistas e soberanistas da
sociedade galega que afirmaránverdades como puños en
medio da intensa e unánime campaña de amnesia padecida nestes días e, como
final,
un interesante circuito de actuacións musicais de grupos galegos co que, desde os bares e pubs da Zona Vella, se pretende contribuir á definitiva despedida do ex ministro do ditador Francisco Franco e terminator de Galiza.
un interesante circuito de actuacións musicais de grupos galegos co que, desde os bares e pubs da Zona Vella, se pretende contribuir á definitiva despedida do ex ministro do ditador Francisco Franco e terminator de Galiza.
Locais
hostaleiros da Zona Vella deseñaron para a ocasión un programa festivo que comezará ás 17:00 h. deste sábado
prolongándose até a media noite con distintos estilos musicais. A programación
que aparece na imaxe anexa implica sete establecementos e concitará a participación de
centos de veciñas e veciños de
Compostela, así como de galeg@s vind@s de todo o País para a mobilización da
mañá. A Candidatura do Povo súmase a esta festa popular con todas e todos os
que temos intacta a memoria histórica e rechazamos a amnesia colectiva á que
nos queren submeter.
Para unha mellor navegación por
este blog usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.
Ningún comentario:
Publicar un comentario