30 de xan. de 2012

A CAMBADESA MONICA GUILLAN NA MERCEDES BENZ MADRID FASHION WEEK (ANTIGA CIBELES). MONICA A CONQUISTA DO MUNDO VIA MADRID.

A antiga Cibeles, que comeza o mércores, elixe a Roberto Verinopara a súa apertura. A coruñesa María Barros regresa ao evento, no que repiten Matteos, Coleman e Kina Fernández.
Definitivamente, Cibeles está enterrada. A pasarela de moda máis importante de España continúa en pé pero con outro nome, a Mercedes Benz Madrid Fashion Week, máis acorde cun aceno cara á súa internacionalización, necesaria para a supervivencia do sector. Os desfiles realizaranse 
dende o mércores ata o domingo participando neles sete creadores galegos, unha cifra e un grupo no que só falta Adolfo Domínguez, que declinou sumarse á cita.

Modelo exclusivo de Mónica
Nesta edición, Roberto Verino volverá abrir os desfiles. Se na pasada colección outono-inverno (a da época actual) miraba cara ao exotismo e luxo asiático reinterpretados; para a próxima época estival 20011-2012, tamén propón brillantez, calidade pero cun toque de diversión mirando cara ao mundo bohemio do Nova York dos 70.

No polo oposto, o da sobriedade, María Barros. Tras dúas tempadas sen participar na Fashion Week, xa que foi nai, agora a coruñesa retorna e faino para que a muller de hoxe en día se vista cun recordo ás féminas clásicas, con elegancia e austeridade en branco, negro e gris, con tamén protagonismo do ouro.

A tamén coruñesa Sara Coleman decidiu nesta ocasión ofrecer pezas máis comerciais pero sen renunciar aos cortes xeométricos e á súa querencia -pero xa en ocasións- ás liñas orientais. Para esta colección, denominada Xeometría Estelar, Coleman mostra o gusto polo futurismo. Segundo ela, o que se levará o próximo inverno serán os cortes rectos e a cor prata máis o azul case negro.

Os coruñeses Kina Fernández e José Matteos tamén participarán. Este último no programa Off, fose da plataforma principal. Novamente utilizará o encaixe de Camariñas, fusionando nas súas pezas Oriente e a Moda Vitoriana co negro como cor de mando.

Modelo exclusivo de Mónica
Os tecidos vaporosos, coa escorregadiza gasa, como protagonista estarán nos seus vestidos curtos.

Pechando a Fashion Week, o domingo, desfilarán os galegos David del Río e Mercedes Castro que se estrean na plataforma del EGO.

Ademais da bohemia dos 70, Verino incluirá na súa colección un aceno a vestidos cóctel que recordan a El Gran Gatsby (gánsteres, jazz e charleston con imaxes de Scott Fitzgerald) e eses vestidos dos tolos 20, con cintura baixa e tea folgada sen atosigar o corpo.

A muller que vista Barros estará "chea de misterio e carisma", engaden dende o equipo da deseñadora coruñesa. A forma circular marcará o volume que envolverá a figura en teas da la e seda, con algunha pincelada de verde e granate.

Se unha marca de moda pretende gañar visibilidade, sen dúbida a antiga plataforma Cibeles, agora bautizada como Mercedes Benz Fashion Week, é a clave. Non obstante, hai outras ferramentas para captar clientes. Do xoves ao sábado, coincidindo coa pasarela, terá lugar o Salón Internacional de Moda de Madrid na súa edición número 67. Unhas 800 empresas de todo o mundo acoden, o dobre do pasado ano. Delas, máis de 25 serán empresas galegas participarán neste evento dende o xoves ata o sábado. Trátase do maior salón de moda de España. Velaquí algunhas firmas galaicasque participan nesta edición co fin de gañar axentes que promovan as súas marcas en tendas, ou inclúan as súas coleccións directamente en tendas.

Montoto. Dende hai uns meses, a firma galega iniciou a súa nova etapa da man de novos propietarios, a coruñesa Textiles Rosalía de Castro (Texrocas). Os comezos están a ser tímidos. Na SIMM, intentarán reactivar unha marca de roupa de punto que no seu día foi unha insignia ata que un ERE o pasado ano finalizou co seu antigo modelo empresarial.

Modelo exclusivo de Mónica
Mónica Guillán. É unha das deseñadoras galegas máis novas na SIMM. Nacida en 1986 en Cambados , as súas creacións pódense adquirir en Galicia pero tamén en países como España, Bélxica, Francia ou Estados Unidos, entre outros. Foi primeiro premio no Certame Nacional de Moda de Cantabria e tamén foi gañadora absoluta na última GaliciaFashion Week. Vestidos voluminosos e de corte sofisticado; topscon enormes e coquetas lazadas... Pódeselle seguir a pista en monicaguillan.blospot.com. Confesa que ante esta grancita atopase un pouco nervosa.

TMX. A colección outono-inverno 2011-2012 desta firma galega pode verse na súa web www.tmx.es onde se vende con rebaixas superiores ao 50%. Non obstante, para ver un adianto da colección invernal do próximo ano haberá que acudir esta semana á Comunidade de Madrid, á SIMM. Alí, buscarán captar novos clientes para as súas pezas dirixidas a un público que aínda sendo xuvenil busca calidade, liñas sinxelas e coidadas e elegancia sen estridencias.

Makari e Araújo Piel. A empresa de peletaría, que iniciou o seu camiño no ano 1969, presentará en Madrid un adianto da súa colección para o próximo ano, con pezas que aplican a pel a estilismos con liñas modernas, nuns; clásicas, noutros. Outra empresa de pel galega no SIMM será Araújo Piel, con pezas para público novo e maduro, máis informal ou máis selectas, segundo o gusto do consumidor.

          
                        
Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.

Ningún comentario: