Onte tivo a inmensa fortuna
de asistir por primeira vez como militanto do BNG a unha Asemblea desta
organización, concretamente a XIII Asemblea Nacional baixo o lema de “A forza
que Galiza Precisa”. Comenzamos ben cedo as 10 da mañan coas acreditacións,
logo plenario e aprobación ou rexeite das enmendas e do documento base que foi
aprobado por 1900 votos contra 900 dos
que o
rexeitaban, viñeron os discursos tanto dos candidatos o partavoz do Consello Nacional como dos candidatos a Presidente da Xunta. Todos me gustaron, pero especialmente os discursos de Aymerich e Jorquera, reinvidincativos pero conciliadores.
Logo votación das
candidaturas, inmeditamente xantar e as 16.30 lectura dos resultados. Na
votación das listas ó consello Nacional deronse os seguintes resultados:
Alternativa pola Unidade (na que estaba a UPG):
2.164 votos co que conseguian 24 menbros do Consello Nacional.
EI-+Galiza, 2026 votos, o que daba un total de 23 membros e MGS 248 votos cos
que conseguian 3 membros. En cantoa Executiva Nacional quedaba do seguinte
xeito 7 membros para a candidatura mais votada, outros 7 membros para a
seguinte e 1 membro para MGS, polo que ningunha das grandes candidaturas ten a
maioria na nova Executiva Nacional. Preto da elección de candidadato a
presidencia da Xunta dicir que o resultado foi o seguinte: Jorquera acadou 2338
votos e Carlos Aymerich 2043 votos, quedando elexido para este encomenda o
compañeiro Jorquera. Para elección do portavoz do Consello nacional dado que
ningún dos candidatos acadou ó 50% dos
votos, foi necesaria unha segunda votación na que se enfrontaban Guillerme e
Beiras e o resultado foi o seguinte Guillerme
acadou 2191 votos e Beiras 1870 votos.
A Executiva Nacional queda
conformada polas seguintes persoas: Guillerme
Vázquez Vázquez (APU- Pontevedra), Carmen Adán Villamarin (APU- Vigo),
Francisco Jorquera Caselas (APU-A Coruña), Montserrat Prado Cores (APU-O Salnés),
Miguel Anxo Fernández Lores (APU- Pontevedra), Ana Belén Pontón Mondelo (APU- Compostela),
Francisco Garcia Súarez (APU- Allariz/A Limia), Xosé Manuel Beiras Torrado
(EI-+Galiza - Compostela), Sandra González Alvarez (EI-+Galiza – Baixo Miño),
Carlos I. Aymerich Cano (EI-+Galiza – A Coruña), Maria Casar Diaz (EI-+Galiza
Lugo Centro), Xoan C. Bascuas Jardón ((EI-+Galiza - Compostela), Ana Luisa
Bouza Santiago ((EI-+Galiza A Coruña) e martiño Noriega Snachez (EI-+Galiza –
Compostela), Rafa vilar González (MGS), Noa Presas Bergantiños (MGS) e Pedro
Perez Caride(MGS).
rexeitaban, viñeron os discursos tanto dos candidatos o partavoz do Consello Nacional como dos candidatos a Presidente da Xunta. Todos me gustaron, pero especialmente os discursos de Aymerich e Jorquera, reinvidincativos pero conciliadores.
A nova Executiva Nacional e o novo Consello Nacional |
Espectacular ambiente democrático |
![]() |
Beiras , moi contento polos resultados obtidos |
A destacar na presenza da
executiva da cambadesa Montserra Prado Cores, que continua no mesmo a espera
das funcións que lle encomende a nova directiva.
En definitiva unha Asemblea
democratica, un militante un voto, unha executiva moi igualada, e coido que hai
que deixar de facerlle caso os pirómanos do BNG tanto os de dentro como os de
fora e empezar a traballar neste proxecto comun.
Membros do Consello Nacional:
O portavoz do BNG de Cambados tamén acudiu o proceso asembleario. |
Para unha mellor navegación por
este blog usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.
Ningún comentario:
Publicar un comentario