30 de xan. de 2012

O CÚPULA DO PP ESTATAL E GALEGA “CELEBRARON ” A MORTE DE FRAGA CUNHA MARISCADA DE 100 EUROS

Está claro  que "As penas, son menores co estómago cheo", é o que terán pensado os dirixentes do Partido Popular que asistiron ao enterro de Fraga, xa que posteriormente se deron unha mariscada de 100 euros o comensal, nun coñecido restaurante da Coruña,  Pablo Gallego, en plena praza de María Pita. Polo importe do cuberto, parécenos que esta vez houbo pouca mariscada ou tal vez houbo un trato de favor pola distinción dos clientes e pola terrible e irreparable perda do político franquista.

Á mariscada asistiron o Presidente do Goberno Mariano Rajoy; José María Aznar e a súa muller a alcaldesa de Madrid, Ana Botella; o Vicepresidente, Soraya Sáenz de Santamaría; o Ministro de Xustiza,Alberto Ruíz Gallardón; a Ministra de Sanidade, Ana Mato; a Ministra de Fomento Ana Pastor; o alcalde Da coruña, Carlos Negreira, o delegado do Goberno en Galicia, Samuel Juarez e Alberto Nuñez Feijóo, presidente da Xunta de Galicia.



Sen dúbida, un bo exemplo de austeridade, o dos dirixentes do Partido Popular. O que descoñecemos é quen se faría cargo dos comensais, así como do pagamento dos 300 gaiteiros da Real Banda de Gaitas de Ourense e Pontevedra, que tocaron os acordes do himno do Antigo Reino de Galicia para despedir o Ex Ministro franquista e fundador do Partido Popular:Manuel Fraga.


           
                        
Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.         

                        



Ningún comentario: