23 de xan. de 2012

CARLOS BLANCO EN CAMBADOS NO PUB A PERA

O Polifácetico Carlos Blanco, chalequeiro da desparecida Unha Grande Chea actuará o vindeiro sábado 28 de Xaneiro as 23.30 horas no Pub a Pera de Cambados. O xenial monologista arousán fara de seguro as delicias dos presentes porque na sáu faceta de monologuista, hoxe por hoxe é o número un no noso pais. Podes retirar as entradas no Pub A Pera, Café Copapacabana e Pub O Paseo. O prezo das entradas é de 6  € anticipada e 7 € o día da actuación. A Organización fai saber que terán paso preferente os que teñan a 
entrada por venta anticipada, logo se venderán as entradas ate completar o aforo. 
Carlos Blanco ven de participar na recén estreada pelicula española “Silencio” en la Nieve, na que encarna o pepal dun oficial alemán naci,  a trama da pelicula é a seguinte: Fronte de Rusia, inverno de 1943. Un batallón da División Azul tópase cunha serie de cabezas de cabalos esparexidas sobre a superficie conxelada dun lago. Os corpos están mergullados baixo o xeo. Xunto a un dos cabalos, o cadáver dun soldado español. Un tallo atravésalle o colo de lado a lado, e no peito ten unha inscrición gravada a coitelo: "Mira que che mira Deus". Os mandos encargan a investigación ao soldado Arturo Andrade (Juan Diego Botto) exinspector da policía, que asume a tarefa con rigor e profesionalidade, axudado polo sarxento Espinosa (Carmelo Gómez).

Ambos os dous pronto descobren que detrás deste asasinato se oculta unha perversa vinganza, que se remonta a agravios acontecidos no pasado, e que non parece que se vaia deter nun único cadáver. Ninguén está libre de sospeita nin ninguén pode sentirse seguro. E así, no medio da cruel contenda, se inicia a caza do asasino, unha busca onde ata o final non descubriremos quen é o cazador e quen o cazado.


Tamén queremos destacar que o día anterior , venres vintesete de xaneiro a partires da unha da mañá terá lugar a actuación do grupo ribadumiense “DA PICHA UN LIO”, quen nos ofrecerá os seus derradeiros temas, dicir que a entrada para ver a este grupo é gratuíta.

        
                        
Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.


Ningún comentario: