O BNG conta con case 5.000 militantes inscritos para a súa
XIII Asemblea Nacional que se celebrará a próxima fin de semana en Santiago, na
que elixirá os novos órganos de dirección e tamén decidirá quen vai ser o seu
candidato á Xunta nas próximas eleccións autonómicas. De Cambados preveese unha
delegación bastante númerosa dado o interese despertado por esta histórica
Asemblea. En principoio os tres concelleiros do BNG no concello de Cambados,
Victor Caamaño,
Maria Xosé Cacabelos e Xaquin charlin teñen previsto a asistencia a meritada asemblea.
Maria Xosé Cacabelos e Xaquin charlin teñen previsto a asistencia a meritada asemblea.
Así o puxo hoxe de manifesto o deputado do BNG no Congreso
Francisco Jorquera, quen, nunha entrevista hoxe na Radio Galega, destacou a
"implicación extraordinaria" da militancia para este proceso, do que
espera que o Bloque sairá "máis fortalecido".
Jorquera, quen se postula como candidato á Xunta dentro da
candidatura da Alternativa pola Unidade, auspiciada pola UPG, xunto a Guillerme
Vázquez, que opta á reeleción como portavoz nacional, descartou agora o risco
de ruptura dentro da formación nacionalista sobre o que advertira tras as
eleccións xerais.
Ademais, aínda que non negou que poida haber unha
candidatura de consenso, porque "as pontes de comunicación sempre están
abertas", cre que hai diferenzas entre as diversas correntes que "fan
difícil" a integración nunha única lista.
Pola súa banda, Vázquez, nunha entrevista en RNE, manifestou
que a organización nacionalista ten que saír da asemblea "clarificada e
disposta ao combate esencial" e "cun proxecto claro e alternativo que
de resposta ás necesidades de Galicia ".
Vázquez considerou que a bicefalia no BNG, cun líder e un
candidato á Xunta, non suporá un problema, senón que considera que "é máis
operativo e máis útil" porque así unha das persoas pode "dedicar unha
parte importante dos esforzos ao traballo organizativo e outra ao traballo
social".
Polo que respecta a se Jorquera deixará o seu escano no
Congreso de saír elixido na asemblea como candidato á Xunta, Vázquez manifestou
que sería en "o momento adecuado".
Tamén se pronunciou hoxe sobre o proceso asembleario no que
está inmerso o BNG, o seu portavoz parlamentario, Carlos Aymerich, quen opta
noutra das listas a ser o candidato nacionalista á Xunta, acompañado do líder
de Encontro Irmandiño, Xosé Manuel Beiras, para portavoz nacional.
Aymerich manifestou nunha entrevista na Cadena SER, segundo
unha nota remitida por este medio, que Beiras "non aspira a ser a cara
pública do Bloque" xa que o candidato á Xunta sería el, pero considera que
hai que "darlle unha oportunidade" de botar unha man para restablecer
a convivencia na formación frontista.
Para Aymerich é "importante que a cuestión da bicefalia
non derive en cefalea" e, sobre a posibilidade dun acordo entre as
distintas correntes, asegurou que, pola súa banda, "a man segue
tendida" para "buscar unha base política estable para convivir".
En todo caso, a corrente que lidera Máis Galiza, "vai
seguir dentro do BNG, actuando lealmente", asegurou, segundo a información
da Cadea SER.
Para unha mellor navegación por
este blog usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.
Ningún comentario:
Publicar un comentario