O vindeiro sábado 28 de xaneiro, ás 18:30 horas (segunda convocatoria),
na Residencia Universitaria Burgo das Nacións, en Compostela, terá lugar unha
Asemblea Xeral Extraordinaria de socios/as da Comisión Promotora Galiza co
Galego. Nela trataremos os temas que figuran na seguinte orde do día
1.- Aprobación da organización
da asemblea.
2.- Lectura da acta
anterior e aprobación, se procede.
4.- Votación da
reforma.
5.- Proclamación da
Asociación Galiza co Galego.
6.- Propostas de candidatos/as
para a Comisión Reitora de Galiza co Galego.
7.- Votación da
Comisión Reitora.
8.- Reconto dos votos
e proclamación da Nova Comisión Reitora.
9.- Pausa de quince
minutos para que a Comisión Reitora faga a súa organización interna e asine a
documentación.
10.- Comunicación da primeira Comisión Reitora, presentación
dos cargos de Presidencia, Secretaría e Tesourería.
11.- Solicitude de ratificación dos seus cargos por parte da
Comisión Reitora.
12.- Aprobación das cotas económicas dos socios/as.
13.- Suxestións e preguntas.
A partir de 2012, Galiza co Galego vai desenvolver de feito
a Rede de Escolas Populares Infantís, con escolas en toda Galiza; vai crear a
Cooperativa de Ensino “Avoaescola” como ferramenta para dar escola, e vai
formar o Fondo económico da Escola Popular ao servizo da educación en galego.
Galiza co Galego vai apoiar a viabilidade económica das
escolas en galego, vai axudar ás familias para exercer o dereito universal da
infancia á educación, vai asegurar unha educación en galego laica, pluralista,
democrática, de valores e de calidade.
É doado asociarse e así participar na asemblea, por medio da
web de Galiza co Galego
www.galizacogalego.com/altagcg ou no seu blogue
http://limiargalego.blogspot.com/p/afiliacion-cgg.html.
--
Comisión Galiza co Galego http://limiargalego.blogspot.com/
Venezuela, 33, B, 15404, Ferrol, A Coruña
Telf: 629891145
Para unha mellor navegación por
este blog usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.
Ningún comentario:
Publicar un comentario