Numeroso público puxo dez de nota ao berberecho de Cambades en Foz. A festa gastronómica celebrouse este
pasado fin de semana con éxito. Aínda Que nesta época de ano manda gastronómicamente falando
o suculento cocido, Foz puxo
este fin de semana o contraste culinario co berberecho, un produto que os focenses levaron de Cambados e Noia, 2.500 quilos para ser exactos, co fin de degustalo,
saborealo e se a proposta gusta, a repetir. A IX Festa do Berberecho de Foz arrancou cun notable éxito, sobre todo na zona portuaria, onde tivo lugar unha
parte da degustación, baixo carpa para que o tempo non fose ningún obstáculo á
hora de comer. Numeroso público congregouse no recinto interesado en probar as
especialidades preparadas por alumnos de Hostalería e
do cátering Fabimar.
Os locais de hostalaría sumaron ambiente á cita cociñándoos ao vapor, en
empanada, en tortilla, con salsa verde, con fideos, con arroz, etcétera...
mentres na rúa animaban O Feitizo e A Subela.
Para unha mellor navegación por
este blog usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.
Ningún comentario:
Publicar un comentario