Levo trinta e tres anos traballando nos
xulgados de Cambados e por eles pasaron miles de compañeiros que viñan de paso
para buscar un destino mellor, sempre lle chamou a atención do noso pobo,
aparte do bonito que é, dúas cosas ,unha que sempre estamos a botar fogos todos
os dias do ano, é mais, unha das
protestas dos inquilinos do Parador de Cambados que mais deixan no libro de reclamacións é os
fogos que hai no pobo, e
outra a cantidade de misas, procesións e actos relixiosos que hai en Cambados.
Onte toculle a quenda os amantes dos animais que estiveron de festa.
outra a cantidade de misas, procesións e actos relixiosos que hai en Cambados.
Onte toculle a quenda os amantes dos animais que estiveron de festa.
O párroco de Cambados, José Aldao, foi tocando
coa auga bendita a todas e cada unha das mascotas que acudiron cos seus amos a
un evento que é toda unha tradición e que se repite noutras localidades da
bisbarra do Salnés como Vilagarcía. A multitude sufocou por uns instantes a
algún dos presentes, aínda que a cita transcorreu sen ningún tipo de altercado.
E é que a de onte era a xornada delas, das mascotas.
O goberno do PP sabe que a igrexa é unha mina de votos e impulsa e protexe estas festas porque lle vai a vida niso por iso pese a que nalgunhas administracións os recortes son durísimos a igrexa non se lle recorta nada mais ben todo contrario increméntaselle as partidas tal e como podemos comprobar no B.O.E. que ilustra esta nova. Despois non é de estrañar que calquer día vexamos a Garda Civil patrullar cun 600. Todo sexa pola santa Madre Igrexa.

FOTOS RECOLLIDAS DE INTERNET.
Ningún comentario:
Publicar un comentario