BEIRAS E AIMERICH HOXE EN VIGO
As organizacións políticas integradas no BNG, +GALIZA e
ENCONTRO IRMANDIÑO xunto con outros colectivos e grupos de independentes, teñen
o gusto de convidarte, ao acto que celebraran
hoxe martes 24 de xaneiro, ás
20:00 hs., no Hotel Coia. Localización_Hotel_Coia (R/Sansenxo,1)
Neste acto presentaran a tese conxunta “NOVO PROXECTO COMÚN, REFUNDACIÓN E REXENERACIÓN DO BNG”, elaborado como fusión das respectivas teses
con aportes de outros colectivos e compañeiras e compañeiros independentes, e
que será debatido no plenario da Asemblea Nacional .
Contaran coa presenza de Xosé Manuel Beiras Torrado e Carlos
Aymerich Cano, que na candidatura conxunta, diante da XIII Asemblea Nacional do
BNG optarán respectivamente, á Portavocia Nacional do BNG e a candidato do BNG
á presidencia da Xunta de Galicia.
No día de hoxe, luns 23, presentouse formalmente a
candidatura coa que as e os compañeiros da “Alternativa pola Unidade”
concorreran ao Consello Nacional. Na mesma figuran Guillerme Vázquez como
candidato a portavoz nacional e Francisco Jorquera como candidato á Presidencia
do Goberno galego. Compóñena afiliados e afiliadas das distintas comarcas,
algúns con responsabilidade orgánicas ou institucionais, e outros con
experiencia de traballo nos movementos sociais.
Dentro da candidatura de Alternativa que consta como sabedes
de 50 membros mais os suplentes atópase no
posto nº 4 a
cambadesa Montserrat Prado Cores , xa no posto 39 tamén do Salnés
atopamos o sanxensino David Otero Domínguez e como suplente número 12 a vilagarcíá Rosa Abuin
Rodriguez, son as tres persoas que representan o Salnés na lista da APU.
Podes ver o video da presentación da candidatura premendo
AQUÍ.
Para unha mellor navegación por
este blog usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.
1 comentario:
Chon,
O acto de Beiras e Aymerich de hoxe 24/01/12 é en Vigo (Hotel Coia, rúa Sanxenxo).
Apertas,
Tino.
Publicar un comentario