A estas alturas
xa coido que sabe todo Cambados que no ano 86, por unha revisión do IBI que ven
a ser un tributo directo, real,
obxectivo e periódico que grava a propiedade, a titularidade de dereitos reais
de usufruto ou de superficie ou dunha concesión administrativa sobre os bens
situados en cada termo municipal, e que apenas lle supoñía unhas pesetas os
cambadeses, a algúns aínda incluso lle baixaban o imposto, supuxo unha rebelión
en todo regra raiando o delito de sedición organizada pola dereita mais rancia
cambadesa (se aínda non o viches podes ver os vídeos do golpe na
columna da dereita). O BNG evidentemente non vai chamar a pobo de Cambados
nin
a rebelión, nin a sedición nin a insubmisión polo pago de imposto pero si ven de presentar unha seria moción contra a suba deste imposto, que podes ver integra no seu blog. Este imposto ben a supoñer unha subida anual duns corenta euros por propiedade segundo as circunstancias da mesma e está sen actualizar por irresponsabilidade política do PP dende o ano da golpe de estado en Cambados. Victor Caamaño voceiro do BNG expón nesa moción que
A medida do
goberno do PP no Estado vén botar por terra as previsións que adoptaron os
concellos antes do 1 de xaneiro, en canto á actualización de taxas e impostos,
que se fixeron tendo en conta a situación económica municipal e dos seus
habitantes, que agora veñen a sufrir este ano e o próximo unha nova e forte
suba de impostos, acumulándose o incremento aprobado polo Goberno Central aos
incrementos aprobados por moitos concellos para 2012.
Isto supón
indubidabelmente un ataque frontal á autonomía local, por ser os concellos os
que teñen a posibilidade de fixar os tipos impositivos do IBI, véndose abocados
a un incremento que vai repercutir gravemente na economía das familias e
constituíndo unha medida do PP desde o goberno do Estado que despreza a
competencia municipal de poder utilizar os seus mecanismos tributarios para
xerar os ingresos necesarios para o correcto equilibrio das súas finanzas.
A medida adoptada
polo goberno do Estado resulta, ademais de invasora das competencias locais,
inoportuna e "escapista" das súas responsabilidades, porque escapa á
necesidade dunha reforma urxente do financiamento local para incrementar a
contía de participación nos ingresos do Estado (PIE) por parte dos concellos
galegos, integrándoa plenamente nos orzamentos da Xunta de Galiza e aplicando
criterios de reparto que teña en conta o maior custe dos servizos en Galiza,
derivado da dispersión da poboación e do envellecemento dos habitantes do noso
país.
Pero, tamén,
fronte a esta medida tan inxusta do Goberno Central, xunto co incremento da PIE
e o recoñecemento de criterios específicos para Galiza, existe a alternativa de
aumentar a capacidade financeira dos concellos coa cesión de novos tributos,
dotar de maior eficacia á loita contra a fraude fiscal e por preservar que os
concellos poidan decidir sobre os seus propios instrumentos tributarios para
equilibrar os seus orzamentos, coa debida corresponsabilidade fiscal.
Fotograma do "golpe de estado" da dereita cambadesa. |
Diante desta
grave medida que obriga a un incremento impositivo que prexudicará á cidadanía,
cun grave impacto nas economías domésticas e que invade as competencias
municipais, correspóndelle ao Goberno galego actuar para preservar a autonomía
dos concellos galegos, e non optar polo silencio cómplice diante da inxusta
imposición do Goberno Central.
Por todo o
exposto é polo que o grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego solicita do
Pleno da Corporación Municipal a adopción do seguinte
Polo que ven a
solicitar no concello o seguinte:
1. Manifestar o
rexeitamento ao incremento do tipo de gravame do IBI que figura no RDL 20/2011 por se tratar dunha medida
absolutamente inxusta que invade as competencias dos concellos e obriga a unha
política impositiva onerosa para as economías da cidadanía.
Fotograma do "golpe de estado" da dereita cambadesa. |
2. Instar ao
Goberno Central á retirada do incremento do IBI fixado polo RDL 20/2011.
3. Solicitar do
Presidente da Xunta de Galiza a:
a. Instar do Goberno do Estado á
retirada do incremento do IBI fixado no RDL 20/2011.
b. Instar do Goberno do Estado a
proceder a unha reforma urxente do financiamento local, de tal xeito que se
incremente a contía de participación nos ingresos do Estado por parte dos
concellos e dita participación se integre plenamente nos orzamentos da Xunta de
Galiza. Tendo en conta nos criterios de reparto o maior custe dos servizos no
noso país, derivado da dispersión da poboación e do envellecemento da mesma.
c. Impulsar un Plan de Financiamento
Local coa cesión de novos tributos e capacidade normativa sobre os mesmos, así
como medidas para a mellora efectiva da loita contra a fraude fiscal.
4. Dar traslado
deste acordo ao Presidente da Xunta de Galiza, Presidente do Goberno do Estado
e portavocías dos grupos parlamentares do Parlamento galego.
A esta suba descomunal teñen que facer fronte os cambadeses, a demais xa dos incrementos de impostos habidos no derradeiro pleno de decembro. A quen lle botará agora a culpa Aragunde?
Para unha mellor navegación por
este blog usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.
Ningún comentario:
Publicar un comentario