25 de xan. de 2012

ESCÁNDALOSO CONVENIO, ESCÁNDOLOSO ESTRAGO DE CARTOS PUBLICOS NA CULTURAL.

O BNG, no seu blog ven de facer público o vergonzoso convenio existente entre o concello de Cambados e a Sociedade Cultural, onde como todos sabedes a Deputación Provincial de Pontevedra fixo un uso torticeiro dos nosos cartos invertindo nunha sociedade privada que non chega os 400 socios nada mais e nada menos que 1.000.000 de euros. E para esto cosennos a impostos dende o Partido Popular para burlarse de todos os cambadeses, pero como di o outro “sarna con gusto non pica…pero moritifica”.
O o unico artigo referido o uso do Concello das Dependencias da Cultural e o seguinte:
“A  Asociación Cultural e Deportiva de Cambados cede ó Concello de Cambados, con carácter gratuíto, o uso das instalacións sitas na 
Rúa Nova nº 2, para que poidan levarse a cabo nas mesmas, actividades de carácter social, lúdico e deportivo promovidas directamente polo concello, en colaboración ou por outras administracións. Dito uso deberá ser compatible coas actividades organizadas directamente pola propia asociación, e a tal fin se comunicará as datas ocupadas coa suficiente antelación”.

O BNG ven a denunciar que a Deputación utilizou os cartos públicos cunha finalidade meramente partidista, onde os intereses do PP prevaleceron por  riba dos intereses xerais da cidadanía” e continuar a dicir o BNG “É o exemplo extremo de cómo a Administración en mans do PP despilafarra os cartos públicos para conseguir manterse no poder”. Como di o BNG e titula o seu artiGo “MOITOS CARTOS PARA POUCO CONVENIO” con toda a razón do mundo. Ademais  está claro que o convenio non tivo en conta o beneficio  das diversas asociacións culturais de Cambados para que estas puidesen dispor, por exemplo,  de locais para actuacións, ensaios e eventos, quedando tamén prohibidos expresamente os actos politicos que os distintos grupos poidan querer organizar nun sitio tan céntrico de Cambados.

Este escándaloso convenio non nos extrana nada pois o Presidente da Cultural é un membro activo do Partido Popular e podemovolo ver en calqueira comicio repartindo propaganda deste grupo politico, e mais grave de todo e que publicamente presume de facelo. Denigrante.
A todo isto o mentireiro Alcalde Cambados negou en sede plenaria que o concello non tiña que ver nada coa inauguración a que non foron invitados os voceiros dos grupos politicos, cando realmente si tivo que ver de feito os concelleiros do PP estaban case todos na inauguración.       
                        
Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.


Ningún comentario: